Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de junio de 2018
GALICIA

A intermodal de Pontevedra licitarase despois do verán

Guardar en Mis Noticias.

Vázquez Mourelle indica que se trata de actuacións coordinadas para acadar un conxunto intermodal pensado para as persoas, cun investimento de 5,5 M€, dos que máis de 4 achegaraos a Xunta e aproximadamente 1 millón, o Concello

[Img #42417]

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou  que a Xunta licitará a finais de verán as obras do conxunto da intermodal de Pontevedra co obxectivo de iniciar os traballos a comezos de 2019.

 

A conselleira, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou hoxe o deseño da estación intermodal, cuxos proxectos definitivos estarán dispoñibles en xullo.

 

Vázquez Mourelle indicou que se trata dun conxunto de actuacións coordinadas e complementarias que permitirán, en definitiva, a humanización do espazo para acadar un conxunto intermodal pensado para as persoas. Precisou que este obxectivo requirirá dun investimento de 5,2 M€, que se eleva ata os case 5,5 M€ ao ter en conta as asistencias técnicas necesarias, dos que máis de 4 millóns serán achegados pola Xunta e aproximadamente 1 millón de euros polo Concello.

 

A conselleira explicou que cómpre asinar un novo convenio que concrete os parámetros de desenvolvemento de todos os traballos e que ratifique os compromisos xa asumidos pola Xunta e o Concello. Neste sentido, hoxe trasladoulle ao rexedor un borrador de convenio para que, ao tempo que se avanza no deseño e se ultiman os proxectos, se adiante a tramitación administrativa.

 

A titular de Infraestruturas salientou que o obxectivo do deseño é converter dúas estacións moi próximas, a de autobuses e a de ferrocarril, nun complexo intermodal que, á vez que facilita os desprazamentos tamén humaniza o contorno urbano das terminais e fai cidade.

 

Indicou que o traballo dos últimos meses posibilita contar cun deseño completo de todo o complexo intermodal: a terminal de autobuses renovada e modernizada, o vínculo peonil entre as dúas estacións a través dun itinerario cuberto e a adecuación de todo o seu contorno, unha actuación posible grazas ao novo acceso directo coa rúa Josefina Arruti.

 

No que se refire á remodelación da estación de autobuses, levarase a cabo tanto desde o punto de vista funcional como estético, convertendo o actual edificio nunha instalación máis accesible, máis eficiente enerxéticamente, e máis acolledora.

 

No eido da intermodalidade, conseguirase unha conexión máis sinxela e segura para os peóns entre as dúas estacións, un itinerario peonil cuberto que se complementará cunha reordenación urbana de toda a fronte da estación que mellorará a seguridade viaria e permitirá recuperar un espazo público para os cidadáns.

 

A conselleira concretou que isto será posible grazas á eliminación dos actuais accesos de autobuses construíndo un novo dende a rúa Josefina Arruti, onde se instalarán semáforos regulados a demanda e carrís de espera.

 

Destacou que estes traballos tamén permitirán recuperar un novo espazo para o desfrute cidadá, coa rexeneración do contorno do río Gafos, a carón da estación de autobuses. Así, eliminaranse os actuais marcos de encauzamento e destaparase o río, adecuando esta zona coa construción dunha pasarela de madeira que facilite o paseo.

 

Lembrou que cómpre preparar a cidade para os seguintes retos que ten o transporte público.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados