Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 21 de junio de 2018
PROVINCIA

O PP pide á Deputación a mellora da estrada provincial entre Mondariz e Covelo

Guardar en Mis Noticias.

Belén Villar lamenta que “este proxecto xa debería estar rematado, pero a realidade é que non está nin na axenda deste desgoberno provincial”.

[Img #42421]

 

O Partido Popular solicitará no próximo pleno da Deputación de Pontevedra compromisos firmes do Goberno Bipartito para dar continuidade ao proxecto de mellora da estrada provincial EP 4306, entre a Ponte do Val, en Mondariz, e a parroquia de Barciademera, Covelo. Así o anuncia a deputada da comarca do Condado-Paradanta, Belén Villar, tras reunirse, xunto ao tamén deputado provincial Santiago Rodríguez, co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, co voceiro local do PP de Mondariz, Julio Alén, e veciños da zona.

 

Concretamente, piden que a Deputación execute a fase que queda pendente para concluír a mellora da estrada EP-4306, no tramo entre a ponte do río Furafollas, na parroquia de Sabaxáns, e Barciademera, nas mesmas condicións coas que se realizaron os tramos anteriores, é dicir, ensanchando a plataforma ata os 8 metros, renovando a capa de rodadura, arcéns e mellorando a sinalización horizontal e vertical.

 

“É cuestión de vontade, de entender cales son as prioridades e necesidades no rural da provincia. O bo estado das estradas provinciais e garantir a seguridade dos seus usuarios debe ser fundamental, e este Bipartito PSOE-BNG na Deputación leva tres anos de parálise absoluta nas vías provinciais”, denuncia Belén Villar.

 

 

 

 

Había un proxecto para mellorar o único tramo pendente, entre Sabaxáns e Barciademera, por importe de 700 mil euros

 

 

 

 

Os populares recollen así as reclamacións dos veciños destas dúas zonas, preocupados porque o Bipartito anulou o proxecto que había para mellorar a seguridade nesta estrada. Recorda Villar que os Gobernos do PP, tanto na Deputación como no Concello de Mondariz, impulsaron a mellora desta estrada executando catro proxectos en diferentes fases. Deste xeito, melloraron o extremo que comeza en Ponte do Val ata a ponte do río Furafollas, pero o tramo de 1,5 quilómetros desde este último lugar de Sabaxáns paralizouse coa chegada do Bipartito á Deputación, a pesar de que xa había un proxecto construtivo de máis de 700 mil euros.


Por iso, a deputada lamenta que “este proxecto xa debería estar rematado, pero a realidade é que non está nin na axenda deste desgoberno provincial”.

 

Esta estrada ten unha lonxitude de 9,6 quilómetros e configúrase como a principal vía de comunicación para unir aos veciños que viven nun e noutro concello, ademais dos que residen en Mondariz, Riofrio, Cernadela, Sabaxáns e Barciademera. A estrada tamén dá servizo a un cemiterio parroquial e a unha praia fluvial.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados