Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 19 de junio de 2018
PROVINCIA

O Goberno da Deputación de Pontevedra súmase á condena e á dor polo último caso de violencia machista

Guardar en Mis Noticias.

A presidenta Carmela Silva manifestou “o meu horror e indignación ante esta lacra que non cesa e que é a cuestión máis grave e dolorosa que temos na sociedade”.

[Img #42422]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra trasladou hoxe “a conmoción de todo o goberno provincial” ante o último caso de violencia machista que rematou coa vida dunha veciña do Porriño de 47 anos de idade, presuntamente asasinada pola súa parella no mesmo día en que asinaban os papeis do divorcio.


Carmela Silva, que trasladou a “nosa solidariedade e agarimo para os fillos e familiares de Magdalena, da vítima”, non se esqueceu dos outros dous casos das últimas horas  en Granada e Badalona. “Falamos de tres mulleres asasinadas en dous días. Isto é insoportable”, dixo a presidenta provincial, que expresou o seu convencemento de que “sei que se poñerán en práctica todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e por iso pido que, canto antes, se destinen eses recursos ás administracións locais para loitar contra esta lacra, a máis grave e dolorosa que temos nesta sociedade”.


Silva volveu a insistir en que “hai que cambiar o modelo no que a desigualdade forma parte do sistema establecido e que leva na súa cota mais alta de dor que se asasine a mulleres”. A presidenta da Deputación participou nun acto no Concello de Silleda, xunto ao deputado de Mobilidade, Uxío Benítez e o alcalde Manuel Cuiña, na concentración e minuto de silencio que se gardou en sinal de duelo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados