Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 19 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta amosa o seu apoio ás persoas con discapacidade na visita ao fogar e clínica San Rafael de Vigo

Guardar en Mis Noticias.

A Administración autonómica mantén un concerto de 188 prazas coa entidade cun investimento de 1,8 millóns de euros.

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, realizou esta mañá unha visita ao fogar e clínica San Rafael en Vigo, un centro de atención a persoas con discapacidade intelectual e no que se prestan servizos de rehabilitación.

 

A Xunta de Galicia concerta un 102 prazas na residencia de adultos e outras 86 prazas no centro ocupacional. No 2018, a Administración autonómica achega preto de 1,8 millóns de euros para o financiamento das mesmas.

 

A titular do departamento autonómico tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os servizos que alí se prestan e que están encamiñados a atender de xeito integral ás persoas con discapacidade intelectual, fomentando o seu desenvolvemento persoal, social e laboral mediante as modalidades de intervención oportunas e ofrecéndolles servizos específicos nas áreas educativa, ocupacional e residencial.

 

 

 

 

O orzamento no eido dos maiores e a discapacidade conta con preto de 413 millóns de euros en 2018

 

 

 

 

Durante a visita Fabiola García destacou o bo traballo que está a facer esta entidade en prol da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Así mesmo, reiterou o compromiso da Xunta no apoio ás persoas con discapacidade, xa que “non se trata de persoas diferentes, senón de persoas con distintas capacidades que poden achegar moito á sociedade e das que temos moito que aprender”, asegurou. Neste sentido, engadiu, as administracións e a sociedade en xeral debe abordar a discapacidade desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva.

 

Cómpre destacar o progresivo crecemento do orzamento no eido dos maiores e as persoas con discapacidade, que este 2018 conta con preto de 413 millóns de euros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados