Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 20 de junio de 2018
PONTEAREAS

A música galega da Banda de Xinzo triunfa en Patrerías

Guardar en Mis Noticias.

Centos de peregrinos romperon en aplausos aos pes da Catedral de Santiago tras desfrutar do concerto que ofreceu a Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

[Img #42456]

 

O pasado sábado 16 de xuño, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofreceu un concerto na histórica Praza de Praterías, ao carón da Catedral de Santiago de Compostela, no marco do ciclo “Música no Camiño 2018", que organiza conxuntamente a Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

 

Máis de medio millar de persoas desfrutaron durante unha hora, dun concerto da Banda de Xinzo que xirou sobre diversos autores e temáticas que enxalzaron a tradición e a cultura galegas. En palabras de Javier Blanco, Director da Banda de Xinzo, “a oportunidade de tocar nun lugar tan emblemático foi única, con moita afluencia de público que en todo momento mostrouse moi entusiasmado á vez que respectuoso. Sen dúbida para a banda foi unha experiencia moi positiva, que serve para motivar aos músicos, tanto aos máis veteranos como aos que debutaron ese día. Espero e desexo que se sigan apoiando este tipo de iniciativas tan enriquecedoras”.

 

Así mesmo, a 1o Tenente Alcalde do Concello de Ponteareas, Chus Garrote, quixo facer público ao remate do concerto e a través das redes sociais, o seu orgullo e felicitacións á Banda de Xinzo polo éxito acadado.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados