Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 24 de junio de 2018
TUI

A rotonda da PO 404 será realidade antes de finais de ano cun investimento de 350 mil euros

Guardar en Mis Noticias.

O proxecto está en licitación e contempla un prazo de execución de catro meses.

[Img #42477]

 

Antes de que remate este ano a rotonda na Po 404 en Guillarei debería ser unha realidade. As obras, que teñen un prazo de execución de catro meses,  saíron onte  a licitación, polo que deberían adxudicarse a finais do verán e comezar no mes de setembro. Suporá un investimento entre execución de obra, expropiacións, e reposición de servizos de 350.359€.


Así o expuxeron esta semana o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, Jose Luis Díez, e o xefe do Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Obras, Antonio Castro, e o presidente da Asociación de Veciños de Guillarei, Manuel Méndez.


O alcalde de Tui, Carlos Vázquez, apuntou que esta era unha obra “na que todos coincidimos que era necesaria porque aí había un punto na que a seguridade vial estaba moi menoscabada” e a súa execución suporá unha mellora de seguridade vial e de servizo aos veciños que transitan por esta estrada. Amosou o seu agradecemento á Xunta  pola execución deste proxecto que dicía “dende o goberno municipal quixemos priorizar”. Tamén lembrou que os veciños xogaron un papel moi importante reclamando esta obra durante moitos anos.


José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta, salientou que “este é un día para felicitarnos” apuntando que se trata dunha obra moi demandada, será unha realidade antes de que remate o ano.


O xefe provincial, Fausto Núñez, foi o encargado de explicar as características técnicas do proxecto que contempla unha glorieta de 32 metros de diámetro exterior, unha calzada de 2 carrís de 4 metros de ancho cada un,  con beiravía interior e exterior dun metro de ancho,  senda ciclista de 2,5 metros e senda peonil de 2 metros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados