Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta impulsa a realización da maior obra de investigación sobre a Catedral de Santiago

Guardar en Mis Noticias.

Feijóo avanza que o estudo contará coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte a colaboración coa Catedral de Santiago na realización da maior obra de investigación sobre este templo cara ao Xacobeo 2021.

 

Así, tras autorizar hai dous meses un acordo coa Catedral para clasificar a documentación sobre o Camiño de Santiago que está no arquivo catedralicio, a Xunta achegará 210.000 euros para investigar e afondar na historia do santuario, contando coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros.

 

 

 

 

Sinala que o estudo, que se publicará en dous volumes en 2020, incluirá todos os descubrimentos que se fixeron durante o proceso de restauración da Catedral e axudará a comprender o templo e as súas circunstancias históricas

 

 

 

 

Segundo detallou o xefe do Executivo galego, o estudo, que se publicará en dous volumes en 2020, incluirá todos os descubrimentos que se fixeron durante a restauración da Catedral así como o propio proceso de rehabilitación.

 

Trátase dunha obra coral que axudará a comprender o templo e todas as circunstancias históricas e culturais arredor del, aspirando así a converterse nun estudo de referencia a nivel internacional.

 

O traballo, que abordará a construción da Catedral, a súa evolución ao longo dos séculos e a súa relación material e inmaterial entre o templo, a cidade e o Camiño de Santiago, pretende ser herdeiro das investigacións do medievalista americano Kenneth John Connant, un dos escasos académicos que no século XX fixeron achegas integrais ao santuario.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados