Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de junio de 2018
GALICIA

Policías Nacionais e Gardas Civís asisten na Agasp ao curso sobre incendios forestais e urbanos

Guardar en Mis Noticias.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, indicou que é especialmente importante estar mais e mellor preparados ante calquera tipo de emerxencia

[Img #42508]

 

Máis de 180 axentes da Policía Local, Garda Civil, e Policía Nacional asisten na Academia Galega de Seguridade Pública ao curso sobre incendios forestais e urbanos.

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, indicou que é especialmente importante estar mais e mellor preparados ante calquera tipo de emerxencia, e este curso é un  paso mais da colaboración entre a Academia e as forzas e corpos de seguridade do Estado.

 

 

 

 

Este curso é un  paso mais da colaboración entre a Academia e as forzas e corpos de seguridade do Estado

 

 

 

 

O curso, organizado polo Sindicato Unificado de Policía- SUP-, en colaboración coa Agasp capacita aos axentes en materia de incendios inda que non son da súa atribución directa pero tal e como indicou o director, grazas ao curso que os propios axentes solicitaron, darán un mellor servizo á cidadanía e os mesmos axentes poderán traballar con mais seguridade, tanto no que se refire a incendios urbanos como incendios forestais.

 

O curso foi impartido por bombeiros, axentes forestais e policías especialistas na investigación de incendios forestais da Policía Autonómica.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados