Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de junio de 2018
TUI

Os do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron o curso na súa aula

Guardar en Mis Noticias.

Tras repararse os danos causados pola explosión de Paramos

[Img #42511]

 

Os once alumnos e alumnas da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron onte o curso escolar 2017/18 no seu centro logo de que foran reparados os danos ocasionados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre.   Até o colexio achegáronse esta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Estivo tamén presente a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez, a titora e pais e nais do alumando.


O alcalde, Carlos Vázquez Padín, agradeceu á consellería de Educación a “axilidade e prontitude de resposta para arranxar as aulas”, tanto a do Souto coma a de Paramos, ao que tempo que se congratulou de que os nenos poidan volver a despedir o curso a súa escola que tras as actuacións realizadas presenta un mellor estado.

 

Salientaba o rexedor que “este é un paso significativo que se da con rapidez e que nos ten que levar a retomar a normalidade”. No mesmo sentido pronunciou a concelleira de Educación, Mila González, agradecendo a preocupación dende o primeiro día por parte do xefe territorial.


Mentres o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, explicou que investiron 20 mil euros no cambio das ventás, pulido do piso e mellora de toda a instalacións, tanto na aula do Souto, coma de Paramos, aínda que esta última arestora non ten alumnado.


Os alumnos e alumnas do Souto nas últimas semanas asistiron a aula de Baldráns, e esta mañá celebraban xunto ás súas familias poder regresar a súa clase no Souto, ao tempo que despediron o curso.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados