Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 21 de junio de 2018
Provincia

Carmela Silva sobre a decisión xudicial da ‘Manada’: “Nin a entendo nin a respecto”

Guardar en Mis Noticias.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou hoxe a súa “total indignación tras coñecer á decisión xudicial coñecida esta tarde da Audiencia de Navarra de decretar liberdade provisional baixo fianza ao grupo coñecido como “La Manada“.

 

Silva, que participaba na VI Gala do Deporte Feminino Galego, celebrada en Vigo, subliñou na súa intervención, que “estou indignada, enfadada como muller, como feminista e como persoa, porque non podo entender, nin compartir, nin respectar esta decisión, porque a inxustiza non se pode respectar”. “Estamos a falar, dixo, de unha decisión que non se pode explicar nunha sociedade que respecta a igualdade. Estamos coa vítima, non cos violadores”

 

A presidenta provincial que lamentou que “salga tan barato violar”, sinalou que “parece claro que o machismo se resiste e se rebela ante a nosa batalla, pero que saiban que imos gañala”

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados