Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de junio de 2018
NIGRÁN

A Banda Militar da Brilat de Pontevedra volve a protagonizar o domingo a procesión de San Xoan en Panxón

Guardar en Mis Noticias.

Antes ofrecerá un concerto ás 19:00 horas no peirao. A misa solemne será cantada pola coral Ecos do Castelo e a do luns por Novos Aires

Tralas multitudinarias fogueiras da noite do sábado ao domingo que inaugurarán as festas de Panxón, o domingo a Banda Militar Brilat de Pontevedra volverá ser a protagonista ao ofrecer por terceiro ano consecutivo un concerto e acompañar á procesión de San Xoan. A banda da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable participa nas principais procesións do país e, sen dúbida, a súa presenza unha vez máis en Nigrán contribuirá a sumar puntos a favor da declaración de Festa de Interese Turístico Galego. Así, ás 19.00 horas ofrecerá un concerto no peirao e trala misa cantada de San Xoan pola coral Ecos do Castelo (20.00 horas, Templo Votivo) desfilará na procesión. Posteriormente, a verbena estará amenizada por La Ola ADN e Claxxon.    

 

O luns 25, Día do Carmen, Panxón vivirá outra das xornadas máis esperadas e emotivas do ano coa gran tirada de fogos de artificio e coa homenaxe ao mariñeiro veterano da parroquia, sendo nesta edición Juan Sanromán Areal. Este día a festa comeza ás 11.00 horas con pasarrúas a cargo da Banda de Música de Guláns, que dará un concerto ás 12:00 no peirao.  Ás 21.30 horas a misa cantada no Templo Votivo será a cargo da Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán na honra da Virxe do Carmen, posteriormente realizarase a tradicional procesión e ofrenda floral no porto coa gran tirada de fogos artificiais como culme. A verbena animaraa as orquestras Aramio e Televisión. As festas pecharanse o martes co Día do Neno.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados