Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 22 de junio de 2018
VIGO

Vigo escenario do simulacro de emerxencia dun accidente aéreo no mar

Guardar en Mis Noticias.

O obxectivo do exercicio foi probar a resposta ante un posible accidente de avión na ría de Vigo

[Img #42530]

 

A Xunta participou hoxe en Vigo no simulacro de emerxencia  dun accidente aéreo na ría co obxectivo de avaliar os procedementos de actuacións existentes, así como a coordinación dos distintos axentes que estarían implicados na atención a unha situación destas características.

 

A Administración autonómica exerceu como coordinadora do exercicio, en tanto un accidente como este supón a activación do nivel II do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga). Hai que ter en conta que nestes casos tamén se activa o Plan de autoprotección do aeroporto de Vigo.

 

 

 

 

Búscase avaliar os procedementos de actuación e de coordinación dos distintos axentes ante unha emerxencia destas características

 

 

 

 

O simulacro baseouse no suposto dunha aeronave que empeza a perder altura, polo que non pode regresar ao aeroporto, e ten que proceder a realizar unha amerizaxe na Ría de Vigo.

 

No exercicio interviron, ademais da Xunta e o aeroporto de Vigo, outros medios e institucións como SASEMAR, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Capitanía Marítima, Protección Civil, Cruz Vermella, os servizos de urxencias do SERGAS, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, a navieira Mar de Ons, prácticos e remolcadores do Porto, e a subdelegación de Goberno.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados