Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de junio de 2018
GALICIA

A CConsellería de Sanidade inspecciona 322 piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra

Guardar en Mis Noticias.

Os farmacéuticos de Saúde Pública da Xefatura Territorial efectúan a vixilancia sanitaria segundo o establecido no Programa de vixilancia sanitaria de piscinas, que consiste na supervisión das instalacións e o control da calidade da auga e, no caso de non cumprirse os requisitos contemplados na normativa vixente, proceder á suspensión da actividade da piscina e/ou a incoación dun expediente sancionador

A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, inspecciona na presente tempada estival piscinas de uso colectivo repartidas por toda a xeografía provincial para garantir a súa calidade sanitaria. Deste xeito, ao longo da provincia de Pontevedra inspeccionaráse un total de 322 piscinas, delas, 149 son cubertas e 173 descubertas.

 

Os técnicos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra efectúan supervisións e análises necesarias para determinar a calidade sanitaria das instalacións e, no caso de non cumprirse os requisitos contemplados na normativa vixente, poder proceder incoando un expediente sancionador ou incluso suspender a actividade do recinto.

 

En canto ás indicacións de mantemento da piscina, os responsables das piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra deben limpar e desinfectar periodicamente as instalacións e facer controis de cloro polo menos dúas veces ao día: pola mañá e no momento de máxima afluencia de bañistas.

 

Ademais destas análises, deben realizarse controis mensuais da calidade da auga, dos que se extraen parámetros como a condutividade, pH e amoníaco ou a concentración de desinfectante, entre outros.

 

A cantidade de desinfectante da auga das piscinas non pode chegar a ser nunca irritante para os ollos, o pel e as mucosas dos bañistas e os produtos químicos que se usen teñen que estar homologados polo Ministerio de Sanidade.

 

Vixilancia e mantemento das condicións hixiénico-sanitarias
A norma tamén indica que unha persoa formada en mantemento de piscinas ten que ocuparse de vixiar e manter as condicións hixiénico-sanitarias do recinto e da auga de baño.

 

Do mesmo xeito, un socorrista debe permanecer nas instalacións durante o tempo que estean dispoñibles para o público e o lugar debe estar dotado dalgún sistema de seguridade que impida o acceso a nenos e nenas fóra do horario de apertura, coa finalidade de evitar accidentes.

 

Normativa vixente
A normativa vixente é o Real decreto 742/2013, do 27 de setembro polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE núm. 244, do 11 de outubro de 2013) e a da Comunidade Autónoma de Galicia relativa a estas instalacións, o Decreto 103/2005, do 6 de maio polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2005) no que non se opoña ao establecido no Real decreto 742/2013.

 

Así mesmo, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade elaborou unhas recomendacións sanitarias destinadas ás piscinas, que se poden consultar na súa páxina web http://www.sergas.es/saude-publica/piscinas.

 

Outros consellos preventivos
Esta Dirección Xeral da Consellería de Sanidade tamén lembra aos usuarios de piscinas de uso colectivo da provincia de Pontevedra outros consellos preventivos, como a necesidade de ducharse cada vez que se introduzan na auga e amosar precaución á hora de realizar certas manobras, como lanzarse de cabeza á piscina, asegurándose de que o vaso teña a suficiente profundidade e que non haxa ningunha outra persoa mergullada na mesma zona.

 

Sanidade recomenda aos bañistas o uso de chancletas ou calzado especial en piscinas, así coma o uso de gorro de natación. Do mesmo xeito, lémbrase que non está permitido comer, beber ou fumar en zonas reservadas para o baño nin deixar desperdicios nos recintos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados