Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 26 de junio de 2018
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva pioneiro na introdución de cláusulas de responsabilidade social nos contratos públicos

Guardar en Mis Noticias.

“Estas medidas de responsabilidade social van permitir que as empresas aposten pola igualdade e tamén por empregos de calidade e en condicións dignas”, asegurou a presidenta provincial

[Img #42541]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a súa satisfacción porque a institución provincial é unha das administracións “pioneiras”, trala entrada en vigor en marzo da nova Lei de Contratos do Sector Público, na introdución de cláusulas de responsabilidade social nos contratos públicos. Neste eido, Carmela Silva fixo fincapé en que “a nova lei trouxo moitas dificultades ás administracións para poder darlle cumprimento, pero tamén aporta cuestións moi positivas relacionadas coa incorporación de valores sociais e medioambientais na contratación pública”.

 

Silva asegurou que a Deputación de Pontevedra xa puxo en marcha contratos con criterios de responsabilidade social atendendo ao artigo 202 da nova lei, que prevé que os pregos establezan ao menos unha condición especial de tipo ambiental, social ou laboral. A presidenta informou que, “desde agora os criterios de responsabilidade social, que se marcarán como obrigas esenciais por parte das empresas que opten a contratos da institución, terán que ver coa igualdade e pola aposta por empregos de calidade e en condicións dignas para as súas traballadoras e traballadores”.

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra está a introducir xa estas cláusulas, esixidas pola nova Lei de Contratos do Sector Público, na contratación da execución dos seus programas

 

 

 

 

Máis polo miúdo, Carmela Silva informou que se vai valorar con ata 4 puntos ás empresas que teñan o distintivo “Igualdade na Empresa”, outorgado polo Ministerio de Igualdade, e garantan así o seu compromiso coa igualdade entre homes e mulleres; con ata 5 puntos a aquelas empresas que conten cun número de traballadoras e traballadores con contrato indefinido, para promover os contratos dignos e de calidade; tamén con ata 5 puntos ás que contraten, para execución do contrato, a un número superior ao 50% do persoal contratado e ás que melloren as condicións salariais e laborais por encima do convenio sectorial e territorial. Ademais, contémplase unha penalización do 10% do valor do contrato e ata a resolución do mesmo se as empresas incumpren estes criterios de responsabilidade social.

 

Tecendo Lazos 2018
O programa “Tecendo Lazos 2018” trátase, xunto con “DepoIntegra 2”, dun dos primeiros en incorporar as cláusulas sociais no contrato para adxudicar a súa execución. Neste eido, a Xunta de Goberno vén de aprobar as solicitudes de adhesión dos concellos que van participar nesta actuación encamiñada, tal e como informou a presidenta provincial, “a promover ideas e valores encamiñados a producir, entre as distintas xeracións familiares, lazos afectivos que repercutirán na adquisición de habilidades (nos máis novos) e nun envellecemento san e activo (nos maiores)”.

 

Carmela Silva indicou que este ano 37 concellos amosaron o seu interese en participar en Tecendo Lazos que oferta obradoiros enmarcados nas temáticas “Faino ti”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre”, “Risos en familia” e “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”. Máis polo miúdo, beneficiaranse desta iniciativa da Deputación os concellos de Baiona, Barro, Caldas, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga e Vila de Cruces.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados