Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 23 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta aposta por acadar a igualdade da muller rural a través da conciliación

Guardar en Mis Noticias.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta semana nunha xornada sobre a titularidade compartida das explotacións agrarias

[Img #42545]

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou por seguir tomando medidas para acadar a igualdade real da muller rural, e propuxo como accións prioritarias incrementar a súa visibilidade a través do fortalecemento do tecido asociativo; promover o emprendemento; favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a corresponsabilidade; e fomentar do uso das TIC.

 

Así o destacou esta semana nunha ponencia titulada “Empoderamento das mulleres no medio rural”, que impartiu no seo dunha xornada sobre a Lei 35/2011 de titularidade compartida das explotacións agrarias.

 

No que se refire ao fortalecemento das asociacións, considerou que o movemento asociativo rural é unha importante canle de promoción da igualdade de oportunidades. A Xunta, pola súa banda, apoia o seu labor a través da participación e colaboración activa en xornadas, así como con convocatorias de axuda, como a destinada ás entidades que desenvolven programas en situación de vulnerabilidade, cuxa resolución se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. A través desta liña, subvenciónanse este ano un total de 10 asociacións específicas de mulleres rurais, cun importe superior aos 273.000 euros.

 

 

 

 

Sinalou tamén como medidas necesarias a promoción do emprendemento e o fomento do uso das TIC

 

 

 

 

Considerou, ademais, que promover a conciliación é fundamental, para impedir que o desigual reparto de tarefas sexa unha carga para que as mulleres poidan acceder a postos de responsabilidade. Neste sentido, recordou que a Xunta financia programas de conciliación dos concellos e que aprobou este mesmo ano un novidoso Plan de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021.

 

Por último, López Abella fixo tamén fincapé na necesidade de promover o emprendemento como unha ferramenta de empoderamento; de fomentar o coñecemento e uso avanzado das Tecnoloxías da Información, fundamentais para brindar novas oportunidades no desenvolvemento rural; e de seguir impulsando a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados