Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de junio de 2018
A través do novo concurso “Voa RíasBaixasFests”

A Deputación de Pontevedra sortea voos gratis entre Vigo, Mallorca, Valencia e Ibiza

Guardar en Mis Noticias.

As persoas fans da páxina de Turismo Rías Baixas deberán recomendar un dos festivais Rías Baixas e o destino onde se celebra, ademais de mencionar os hastags do certame

[Img #42547]

 

A Deputación de Pontevedra pon en marcha na páxina de Facebook de Turismo Rías Baixas (www.facebook.com/turismoriasbaixas) o concurso “Voa RíasBaixasFests” polo que se sortearán seis billetes dobres para voar entre Vigo, Palma de Mallorca, Valencia e Ibiza. A iniciativa prolongarase ata as doce do mediodía do vindeiro día 3 de xullo. Así o anunciou  a presidenta da Deputación de Pontevedra na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.

 

O concurso contempla dúas modalidades. Por un lado sortearanse tres billetes dobres para participantes residentes na provincia de Pontevedra, que queiran viaxar dende o aeroporto de Peinador ata Valencia, Ibiza e Mallorca. E por outra parte sortearanse outros tres billetes dobres para habitantes de Valencia, Ibiza e Mallorca que queiran voar dende alá ata as Rías Baixas.

 

 

 

 

Esta nova iniciativa turística está en marcha dende hoxe ata as doce do mediodía do vindeiro martes 3 de xullo

 

 

 

 

Para concursar, as persoas fans da páxina de Turismo Rías Baixas terán que realizar un comentario nunha das dúas publicacións do concurso, unha por cada modalidade. O comentario que realicen ten que estar relacionado con algún dos festivais Rías Baixas e o territorio onde se desenvolve, sen esquecerse de mencionar os hastags do certame #VoaRíasBaixasFests ou #VuelaRíasBaixasFests. Ao seguir estes pasos, todas as persoas participarán automaticamente no sorteo das viaxes. Só se permite un comentario por participante. As persoas gañadoras poderán elixir as datas da súa viaxe entre xullo e setembro de 2018, suxeitas a dispoñibilidade e calendario da compañía aérea operadora.

 

Tal e como lembrou a presidenta da Deputación, esta acción enmárcase dentro do Plan Estratéxico de Turismo que a Deputación ten aprobado co fin de promocionar o destino Rías Baixas e a provincia de Pontevedra ante públicos prioritarios como son as persoas consumidoras de produtos culturais. O obxectivo é promocionar destinos de interese para os e as pontevedreses, e ao mesmo tempo, que os nosos destinos atraian a viaxeiros e viaxeiras de fóra.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados