Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de junio de 2018
NIGRÁN

Alumnos do Humberto Juanes recollen a súa colleita escolar no remate do curso

Guardar en Mis Noticias.

O alcalde de Nigrán e o edil de participación cidadá visitaron o invernadoiro, instalación na que o Concello colaborou para recuperar

[Img #42552]

 

Os alumnos do CEIP Humberto Juanes de Nigrán pecharon a semana pasada o curso escolar realizando unha última colleita no  seu invernadoiro xunta o alcalde, Juan González, e o edil de participación cidadá, Alfonso Vázquez. A instalación, de 14 metros de lonxitude por 8 de ancho, foi recuperada este curso coa colaboración do Concello de Nigrán, que aportou boa parte do material para a súa reconstrución e os apeiros. Ao longo do ano, os 400 alumnos, divididos en clases, plantaron e recolectaron leitugas, repolos, remolachas, patatas, cenorias, xudías, tomates, herbas aromáticas, brecol... Todo elo dentro do proxecto 'Ñam, ñam, comemos san!", que ten como obxectivo guiar aos nenos no camiño da alimentación saudable cun aprendizaxe integral e lúdico sobre os vexetais, dende a súa orixe ao prato.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados