Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 23 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta ultima coas entidades LGTBI a creación do Observatorio contra a discrimnación por orientación sexual

Guardar en Mis Noticias.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta semana con representantes das entidades galegas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta semana con representantes das entidades do colectivo LGTBI co obxectivo de seguir avanzando na creación do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero.

 

O Goberno está a manter un diálogo constante coas entidades para rematar a redacción do decreto que regulará e creará este Observatorio. O obxectivo fundamental deste órgano consultivo será identificar as necesidades e barreiras para a promoción da igualdade real deste colectivo nas distintas esferas sociais, e loitar contra calquera tipo de discriminación neste sentido.

 

Ademais, deste xeito establecerase unha canle de diálogo permanente entre a Administración autonómica e o movemento asociativo, dentro da que se poderán facer propostas e manter debates que sirvan para avanzar na plena inclusión de todas as persoas, independentemente da súa identidade sexual e de xénero, ou da súa orientación sexual.

 

 

 

 

Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cunha Lei que consolida o principio de igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero das persoas LGTBI

 

 

 

 

O Observatorio será tamén fundamental á hora de fomentar o desenvolvemento de políticas públicas que garantan os dereitos das persoas LGTBI e fomentar o coñecemento da realidade da diversidade de orientación sexual e identidade de xénero.

 

Galicia converterase así na terceira Comunidade Autónoma en contar cun órgano colexiado, consultivo e de participación social en materia de dereitos das persoas LGBTI.

 

Loita contra a discriminación
Cómpre recordar que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cunha Lei -a   2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia- que consolida o principio de igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero das persoas LGTBI.

 

Ademais, o Goberno galego consigna nos seus orzamento unha partida específica para este colectivo, que despois se executa a través de convenios con disintas asociacións.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados