Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Sábado, 23 de junio de 2018
SALCEDA DE CASELAS

Traballadores do concello de Salceda fan visible a súa protesta no Pleno Municipal

Guardar en Mis Noticias.

Recriminan que "os cargos políticos deste concello teñan unha partida de 242.807,80 € anuais para os seus salarios e dietas fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos".

[Img #42567]

 

Os empregados públicos do concello de Salceda de Caselas, se manifestaron no pleno celebrado no concello onte venres día 22 de xuño. Os funcionarios e laborais de Salceda aseguraron que "están entre os máis precarios do país, segundo afirman distintos sindicatos con representación no concello (CC OO, CSIF e CIG), pois se manteñen desigualdades existentes entre o persoal laboral e o funcionario, con niveis mínimos en vías e obras onde hai traballadores con salarios de menos de 800 €, sen cobrar ningunha antigüidade ou complementos, a pesares de levar traballando no concello entre 10 e 20 anos, non hai promoción interna, nin horario de verán, nin conciliación familiar...."

 

 

Os cargos políticos cobran 242.807,80 € anuais fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos.

 

 

"Non existe ningún Convenio Colectivo que regule os dereitos e obrigacións dos empregados, a pesares de presentar máis de 4 borradores para negociar na Mesa Xeral de Negociación por parte da representación sindical, ao longo dos últimos 10 anos" lamentan.

 

[Img #42568]

O II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo dos empregados públicos asinado en Madrid hai uns meses entre o Goberno e os Sindicatos, obriga as distintas administración públicas a negociar unha serie de melloras cos representantes legais dos traballadores. En Salceda tras varias peticións por escrito (16 de marzo e 29 de maio), e unha Asemblea que acordou por unanimidade iniciar distintas mobilizacións, "so temos a calada por resposta" explican.

 

A única Mesa Xeral de Negociación que se convocou en toda esta lexislatura, foi para presentar un borrador de RPT que califican de “miserable” que "baixaba de salario e categoría a traballadores e traballadoras modélicos con más de 20 de antigüidade, e o que é peor ía en contra da Lei" aseguran os traballadores municipais.

 

"Os cargos políticos deste concello teñan unha partida de 242.807,80 € anuais para os seus salarios e dietas fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos" aseguran.

 

Os representantes dos traballadores aseguran que "sempre se fala desigualdades herdadas do goberno anterior, cando os casos máis sangrantes e corrixidos polo xulgado recentemente (como o dunha traballadora social e unha administrativa,  as que lle recoñeceron a indefinición e a equiparación salarial), son con persoal contratado a partir do ano 2008 con Marcos Besada xa de Alcalde.

 

Para os traballadores municipais de Salceda "non é de recibo que se acuda a Compostela todos os primeiros de maio coa pancarta, que se acompañe a colectivos nas súas xustas reivindicacións como aos traballadores de Madeiras Iglesias, e despois non se aprobe ningún Convenio Colectivo, non se aprobe unha RPT xusta, non se abone a antigüidade, non se negocie o cobro das baixas tal e como establece a normativa asinada polo Goberno central e os sindicatos".

 

"Non é de recibo que nunha plantilla de escasos 35 traballadores modélicos (un dos ratios máis baixos de Galicia), que asumen na maioría dos casos moitas mais competencias das que lles corresponde por categoría e salario, se ameace coa apertura de expedientes disciplinarios, e incluso xa se abrise un, se mostran o seu desacordo con esta inxusta situación" lamentan.

 

Asi mesmo califican de   “nefasta ” xestión de persoal no Concello de Salceda que "caracterizouse nos últimos anos pola permanente xudicialización, pola incapacidade e incompetencia dos xestores municipais, así se teñen presentado ata 20 demandas de traballadores e traballadoras, e nos vindeiros meses caerán outras tantas, por despidos improcedentes, equiparación salarial, indefinicións, recoñecementos de antigüidade.....con infinidade de cartos aboados en indemnizacións e atrasos que pagan todos os veciños e veciñas de Salceda nos xulgados (máis os gastos na contratación dos avogados)".

 

Para os empregados do Concello "esta é a mostra de talante e dialogo que ten este equipo de goberno, que nas mesas e en boca do Alcalde di publicamente que está obrigado a negociar cos sindicatos.....pero NON a chegar a acordos....esa e a filosofía de negociación de boa fe”.

 

Ademais hai que engadir a apertura de tres conflitos colectivos ou denuncias no contencioso administrativo, o primeiro no ano 2014 con sentencia a favor dos traballadores, o segundo no 2017,  recorrida pola representación sindical no TSXG e outra en trámites no 2018.

 

Pero para os empregados municipais "a mostra maior de desprezo de cara a representación sindical, foi a presentación dun recurso do Concello contra o procedemento democrático de elección de delegados sindicais no ano 2015, onde o Sr. Alcalde e o seu concelleiro de persoal levaron un varapalo monumental ante a Inspección de Traballo de Vigo. Esta mesma Inspección xa multou ao concello con máis de 6.000 € por non converter aos traballadores en fraude de Lei (a metade da plantilla municipal) en traballadores indefinidos, tal e como establece a lexislación laboral vixente, e que agora as distintas sentencias están corrixindo".

 


O alcalde pide rematar cos procesos xudiciais antes de sentarse negociar

A pesar de que a moción na que se pedían os trienios para o persoal laboral non era competencia plenaria, o Alcalde admitiu a solicitude de debate e de intervención por parte dos representantes sindicais do Concello. Ditos representantes solicitaron a negociación do convenio colectivo para o Concello de Salceda, e o equipo de goberno incidiu na necesidade de rematar cos procesos xudiciais abertos por parte dos traballadores e traballadoras para poder retomar as negociacións. O Goberno Local lembra que no ano 2009 chegouse coa negociación á proposta de arbitraxe por parte do Inspector Xefe da Delegación de Vigo, Jose María Casas de Ron, proposta aceptada polo Equipo de Goberno e rexeitada polos representantes sindicais daquel entón. De ter sido levada adiante dita arbitraxe, dende aquel mesmo momento o Concello de Salceda contaría co seu Convenio Regulador.


 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados