Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de junio de 2018
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva oferta este ano 166 obradoiros do programa “Depo en Marcha”

Guardar en Mis Noticias.

En total, a Deputación de Pontevedra promove no 2018 15 actividades máis que o ano pasado para o envellecemento activo das persoas maiores da provincia

[Img #42580]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda adxudicación de obradoiros do programa “Depo en marcha” que oferta ata 166 actividades durante o ano 2018. Ata o momento tíñanse xa aprobadas 100 accións formativas que, coa adxudicación das 66 aprobadas na Xunta de Goberno, completa o programa dirixido ás persoas maiores da provincia.

 

“Depo en marcha” oferta obradoiros dirixidos a entidades de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas ou xubiladas, así como a outras entidades sociais da provincia. Os principais obxectivos do programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, promover a participación e a seguridade para mellorar a calidade de vida, establecer relacións sociais e optimizar o estado anímico, potenciar movementos de participación, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a independencia das persoas maiores para evitar o illamento e situacións de soidade.

 

O programa, que este ano será xestionado pola empresa Formagal Formación e Servizos e conta cun orzamento de 120.000 euros, beneficiará ata a 166 entidades da provincia de Pontevedra a través de obradoiros englobados en oito áreas: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En Rede”.

 

O ano pasado participaron en “Depo en marcha” preto de 3.000 persoas da provincia de Pontevedra.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados