Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta exporta os seus coñecementos sobre mobilidade de terras a países do leste de Europa

Guardar en Mis Noticias.

O director xeral de Desenvolvemento Rural participou esta semana nun encontro internacional sobre a rede da terra, celebrado en Skopje

[Img #42581]

 

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, participou esta semana en Macedonia no X Encontro Internacional da Rede da Terra, celebrada na cidade de Skopje, para compartir os coñecementos e presentar os proxectos de mobilidade de terras que se están levando a cabo na nosa comunidade.

 

A invitación partiu conxuntamente da FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) e da UNECE (United Nations Economic Commission for Europe), co fin de presentar neste congreso o marco legal sobre a concentración parcelaria e os coñecementos en materia de reorganización do territorio e aproveitamentos dos recursos territoriais. Así, Galicia foi unha das rexións invitadas, xunto cos países de Alemaña, Holanda, Dinamarca, Finlandia, Turquía e Lituania.

 

O director xeral de Desenvolvemento Rural participou activamente na presentación da Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga) e aproveitou para dar a coñecer a situación galega en materia de reestruturación do territorio; así como as iniciativas que se están desenvolvendo de mobilización de zonas agrarias a través do Banco de Terras de Galicia.

 

 

 

 

Precisamente a Consellería do Medio Rural está traballando nunha serie de proxectos que pretenden mobilizar un total de 1.543 hectáreas e que afectarían a uns 1.080 propietarios

 

 

 

 

Precisamente a Consellería do Medio Rural está traballando nunha serie de proxectos que pretenden mobilizar un total de 1.543 hectáreas e que afectarían a uns 1.080 propietarios. Entre eles, cabe destacar a recuperación de soutos tradicionais de castaña no concello de Folgoso do Courel, de praderías en terras de pasteiros abandonadas na comarca dos Ancares ou para a produción de pasto no concello de Sober e pementos en Arnoia.

 

Tal e como destacou alí en Macedonia o director xeral, estas iniciativas permiten impulsar a economía nas zonas rurais e loitar contra o abandono de predios, polo que o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está priorizando este tipo de actuacións no territorio.

 

Ademais, tamén se analizou a situación actual en Galicia en canto a procesos de reorganización parcelaria, onde Pérez Dubois puxo en valor os 92 millóns de euros destinados no período 2009-2017 ás obras e servizos técnicos das parcelarias en toda Galicia. Con este investimento, explicou, avanzouse na ordenación do territorio ata quedar en 128 as zonas activas arestora, cun territorio de 112.059 hectáreas. O obxectivo do Goberno galego é pechar administrativamente estes procesos no 2020, isto é, que cheguen á firmeza do Acordo.


 
Estas achegas foron moi ben recibidas neste congreso e poden servir de exemplo para os plans que, sobre a concentración parcelaria, se queren poñer en marcha en moitos países do Este de Europa e Asia.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados