Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 26 de junio de 2018
GALICIA

Saúl López (Maceda) e Lara Lois (Extol) novos campións de Galicia de BTT

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42586]

 

O ciclista Saúl López (Maceda) logrou sumar por vez primeira o título de Campión de Galicia de btt campo a través olímpico grazas á súa vitoria na cita autonómica celebrada en Sanxenxo coa organización do Club Corbelo. O triunfo incontestable de Saúl entre a ciclistas elite veu cubrir unha carencia coa que contaba o historial deportivo do monfortino infestado de éxitos a nivel nacional e internacional desde a categoría cadete pero que nunca tivo o premio de ser campión da súa terra, unha proba na que só conseguira segundos e terceiros postos.


Saúl López estivo acompañado no podio por Adrián Valverde (Rías Baixas) e Alberto Pedreira (Bici Verde), os que fosen campións de Galicia en 2017 e 2016 respectivamente. Pola súa banda, Samuel González (Salvaterra) logrou o título de Campión de Galicia na categoría sub23 sendo a prata para Pablo Álvarez (Cambre) e o bronce para Raúl González (Maceda).


En canto ás mulleres, Lara Lois ( Extol) unha deportista con apenas catro anos de traxectoria no ciclismo de competición, sumou o seu segundo título de Campioa de Galicia e fíxoo ao vencer á laureada Lucía Vázquez ( Prorebordosa) que foi prata e á gañadora da Copa Galicia, Nuria Senra ( Eskornabois) que foi bronce. En sub 23, a Campioa foi Irene Trabazo (Marín), subcampioa Claudia Portela ( Marin) e terceira praza para Zaida González (Roseira).


Sen dúbida a calor foi a nota destacada na gran cita autonómica, sumándose ao xa de por se esixente trazado pontevedrés. O mellor adaptado ás dificultades foi Carlos Canle (Maceda), gañador das chaquetillas de Campión na súa etapa cadete e que sumou a súa primeira como junior cunha auténtica exhibición na que se permitiu dar caza ao grupo cabecero de categoría elite que saíra dous minutos antes. A presumible oposición que podería presentarlle Adrián Barros (Coruxo) frustrouse coa avaría do vigués. O gañador da Copa de Galicia, David Aragunde ( Armenteira) e Óscar Fernández (Avanza) flanquearon a Canle no podio. O Campionato de Galicia junior feminino foi para Andrea García (Maceda) e a prata para Alba Arias (Arteixo).


A escola de bicicleta de montaña de Coruxo obtivo os seus froitos na categoría cadete na que Jorge Fernández fíxose co título de Campión e Anxo Carril foi terceiro A prata conseguiuna Miguel Rodríguez (Ponteareas). Entre as mulleres foi Zaira Vila quen completaría o trio de medallas co seu bronce. Laura Capa ( Farto), a nova Campioa de Galicia sumou o seu primeiro título recentemente chegada á categoría e fíxoo cunha gran imaxe fronte á experimentada Noela Saa que tivo que conformarse co subcampeonato.


En categoría de master, Manuel Parada ( RSBikes) logrou un novo título autonómico que xa conseguise en 2015 en categoría elite. Tres anos despois volveu todo o máis alto do podio entre os master 30 e fíxoo acompañado por Diego Rey (Caimanes) e Luís Fernández (Avanza), prata e bronce respectivamente.Entre as mulleres master, proclamouse Campioa de Galicia a incombustible Isabel Castro (Condado). A prata foi para Isabel Picoaga (7 Voltas) e o bronce para Isabel García (Bici Verde), dous ciclistas máis afeitas a probas de longa distancia e non tanto á explosividad da distancia olímpica.


Alex Trasbach (Racing) consumou o Campionato de Galicia en master 40 coa mesma autoridade que mostrou toda a tempada e xa ten a vista posta no próximo Campionato de España. Manuel Armada (AGC) foi subcampión e Antonio Rodríguez (Burgas) terceiro.


Outro que tamén cumpriu cos prognósticos para conseguir o Campionato foi Manuel Castro (Barbanzabike) aínda que lle custou despegarse do empuxe de Carlos Amor ( Btt Fene) que pelexou polo ouro ata a última volta pero tivo que conformarse co subcampeonato. O gañador en 2017, José Ramón Castelo (Castro Barbudo) subiu unha vez máis ao podio co seu terceiro posto.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados