Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 25 de junio de 2018
MOS

O concelleiro Óscar Soto ameazado de morte no Facebook

Guardar en Mis Noticias.

A pasada fin se semana o concelleiro Óscar Soto foi vítima dos mesmos, polo que se levou ao Pleno de hoxe unha declaración apoiada por tódolos seus membros, agás Gañamos, que se abstivo

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou esta mañá por maioría dos seus membros, únicamente coa abstención de Gañamos, unha declaración institucional de aopio ao concelleiro do equipo de goberno, Óscar Soto, que esta fin de semana foi vítima de ameazas e insultos en redes sociais. Así mesmo a declaración institucional manifesta a repulsa ante este tipo de actos.


O texto da devandita declaración, que PP, PSOE, BNG e os concelleiros non adscritos Emilio Muíños, Pablo Castro votaron a favor, mentres que Gañamos abstívose, manifestábase literalmente que “ante as declaracións verquidas nas redes sociais contra o Sr. Concelleiro Óscar Soto Abadín esta fin de semana, con carácter de ameazas e insultos, o Pleno da Corporación Municipal de Mos quere a través desta declaración institucional conxunta, manifestar a máis absoluta repulsa ante calquera tipo de insulto, ameaza, inxuria ou calumnia, nas redes sociais ou noutros medios, contra calquera persoa e, neste caso, contra o Sr. Concelleiro, entendendo este tipo de actos como graves, inadmisibles e antidemocráticos. Que o dereito á liberdade de expresión non pode supoñer un abuso, de forma que se atente contra o dereito á honra e á propia imaxe. Manifestar igualmente que por encima das ideoloxías políticas están, o dereito á dignidade persoal, á liberdade individual e á boa convivencia, entendendo que este tipo de feitos únicamente valen para alterar a tranquilidade e normal convivencia entre os veciños e o respecto aos membros da Corporación. Finalmente dispensar o apoio unánime de toda a Corporación ao edil afectado”.


Segundo explican dende o Concello de Mos en nota de prensa "as declaracións obxecto desta declaración institucional foron proferidas na rede social Facebook a pasada fin de semana por unha persoa que foi nas listas do grupo municipal Asamblea Veciñal Gañamos nas pasadas eleccións locais de 2015, e que no devandito escrito lle chama ao concelleiro afectado “fascista” e lle desexa a morte, entre outras cuestións" aseguran.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados