Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 26 de junio de 2018
TOMIÑO

Alumnos e profesoras celebran o Día Internacional do Ioga en Goián

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42598]

 

A práctica de ioga uniu a máis de trinta alumnos e profesoras do Baixo Miño a carón do Río Miño, en Goián para celebrar o Día internacional do ioga.

 

Organizado polo Centro de Yoga Almiña de Goián, a clase conxunta correu a cargo da directora do centro, Pilar Díaz Fentanes ( Hari Manit Kaur) e Sam Durga Devi, profesora no Rosal, unha cita pensada para divulgar os beneficios da práctica do ioga.

 

 A sesión comenzou ás 11 da mañá e os asistentes tiveron ocasión de experimentar a meditación con mantra e de coñecer as distintas modalidades de ioga, hatha ioga e kundalini ioga . A clase rematou con música en directo a cargo de Pilar Díaz , un baño de Gong, un instrumento que favorece a relaxación coa que rematan todas as clases. Todo o necesario para que os participantes poideran sentir un profundo benestar.

 

Se che interesa coñecer e practicar ioga , o próximo domingo 1 de xullo na Alameda da Guarda celébrase o Día Internacional desta disciplina, un evento  organizado polo centro de Yoga Awen.  Poden acudir todalas persoas interesadas en coñecer o ioga .  So hai que levar esterilla ou toalla.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados