Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 30 de junio de 2018
VIGO

Vivenda identifica con placas as edificacións rehabilitadas

Guardar en Mis Noticias.

Nun acto celebrado esta semana no barrio histórico, en presencia dos arquitectos que participaron na rehabilitación dalgún dos edificios adquiridos polo ente, o presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, puxo en valor a labor da Xunta neste eido

[Img #42600]

 

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) procedeu nesta semana a colocación das primeiras placas que identifican as edificacións rehabilitadas desde o 2005, data na que bota a andar o ente -un organismo no que a Administración autonómica achega 9 de cada 10 euros-.  


Así se escenificou esta mañá nun acto celebrado no barrio histórico vigués no que o presidente do CCVV e delegado da Xunta e Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, rodeouse do equipo de arquitectos que participaron na rehabilitación dalgunha das edificacións adquiridas nos últimos 13 anos.


Trátase dun distintivo en aceiro inoxidable co logotipo do Consorcio Casco Vello de Vigo e no que reza a lenda de “edificio rehabilitado”, que se colocará en cada unha das fachadas dos inmobles de forma visible. Neste senso, López-Chaves explicou que o sinxelo deseño da peza adáptase esteticamente aos espazos na que quedará integrada.


“O obxectivo desta acción non é outro que o de identificar os edificios que desde o organismo compráronse, rehabilitáronse e vendéronse”, apuntou o presidente do CCVV, quen subliñou o simbolismo que agocha a súa colocación. “É unha acción máis coa que se consolida a importante intervención que se está a realizar no barrio histórico da nosa cidade”, indicou, para recordar a degradación da que adoecía a zona e a necesidade da súa recuperación para os vigueses e viguesas.


O presidente do ente rehabilitador chamou así a atención sobre o exemplo que supón a creación deste organismo para o resto de cascos históricos, ao tempo que recordou que antes do Consorcio Casco Vello de Vigo houbo outras iniciativas para recuperar o barrio que non tiveron éxito.

 

Ao fío, López-Chaves recordou a recente cesión a Turismo de Galicia do dereito de superficie do inmoble sito en Ribeira do Berbés 5 e Peñasco 9 para a súa reforma e posterior conversión en albergue de peregrinos, e a adquisición a principios do mes de xuño do solar situado na rúa Elduayen 31 de Vigo.

 

104 vivendas rehabilitadas
O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa así coa recuperación da fachada marítima do barrio histórico. A rehabilitación da Ribeira do Berbés, na zona baixa, é a fase que concentra agora os principais esforzos do ente en cumprimento do plan de actuación.

 

Ata o momento actual o CCVV leva adquiridos 76 inmobles, dos que 58 xa foron rehabilitados e catro están en execución (Berbés 41, Ferrería 8, Cruz Verde 12 e Cruz Verde 8). Rehabilitáronse 104 vivendas, das que 89 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 14 restantes en fase de concurso.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados