Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 1 de julio de 2018
GALICIA

Xullo comeza cos encoros a case ao 99 por cento da súa ocupación total

Guardar en Mis Noticias.

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 91,12 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 98,91 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 90,33 por cento. Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 25 de xuño, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 628,86 Hm3, dos 690,15 (volume total).

 

 

 

 

En relación ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, a do Eume é a de maior volume un 96,46 por cento

 

 

 

 

As presas abastecemento de Forcadas e Beche atópanse ao 100 por cento da súa ocupación; mentres que as de Cecebre, Eiras, Zamáns, e Baiona superan a media de ocupación dos encoros de abastecemento, mentres que o encoro de Vilagarcía (48,02 por cento) é o que presenta a menor porcentaxe de volume encorado.

 

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro do Eume é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 96,46 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 19,04 por cento por riba, xa que o 25 de xuño de 2017 estaban ao 71,29 por cento.

[Img #42613]

 

Aquí poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2017-2018.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados