Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de junio de 2018
MOS

A Consellería de Sanidade asume os gastos do Centro de Saúde mosense

Guardar en Mis Noticias.

O documento establece tamén a cesión patrimonial do inmoble por parte do Concello á administración autonómica

[Img #42619]

 

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou, por unanimidade dos seus membros, o convenio entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Mos polo que o Servizo Galego de Saúde asume os custos de mantemento do Centro de Saúde sito no Rebullón.


O devandito documento, asinado polo conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, Jesús Vázquez Almuíña, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, establece as bases de cooperación entre ambas administracións para a cesión da propiedade do centro ao SERGAS e para a asunción por parte deste organismo, dos gastos de mantemento do mesmo. Dende o Concello de Mos levábanse anos traballando na xestión desta cesión que, segundo declarou a rexedora local, Nidia Arévalo, “por fin é xa unha realidade”.


En base ás medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local, do 27 de xullo de 2016, recolléronse 29 centros dos que se acordou iniciar os trámites para a súa cesión ao Servizo Galego de Saúde e entre eles estaba o Centro de Saúde de Mos.


Agora, unha vez asinado o convenio aprobado onte en Pleno, o Concello de Mos comprométese a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión patrimonial do devandito Centro de Saúde, ao Servizo Galego de Saúde, libre de cargas e gravames. No suposto de que o inmoble obxecto de cesión deixara de prestar servizo como centro de saúde o concello poderá exercitar o dereito de reversión sobre o devandito inmoble.


Pola súa banda o Servizo Galego de Saúde comprométese á asunción dos gastos de mantemento do Centro de Saúde a partir do momento en que se proceda á formalización da súa cesión patrimonial. Por parte do Concello facilitarase á correspondente Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde os datos precisos para facilitar o proceso de cambio de titularidade dos contratos de subministracións vixentes así como os correspondentes aos servizos para o Centro de Saúde.


Non obstante, polo Concello e o Servizo Galego de Saúde poderá acordarse, dentro da comisión de seguemento deste convenio, a realización de actividades de colaboración para o funcionamento ordinario do Centro de Saúde. A comisión estará formada por dous representantes de cada unha das partes.


Este convenio entrou en vigor tras a súa sinatura e estará vixente ata que se formalice a cesión en escritura pública.


As instalacións do Centro de Saúde de Mos foron inauguradas no ano 1994, e en decembro de 2016 presentouse unha nova sala nas dependencias habilitada como área destinada á atención de pacientes de urxencia, para que estes conten con todas as comodidades e a intimidade preceptiva no momento no que estean a ser tratados.

 

Cando se presentou a sala de urxencias a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, lembroulle ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que acudiu a visitar a devandita sala, a necesidade para a administración local de que o SERGAS asumira a xestión do Centro de Saúde e que as arcas municipais puideran evitar a carga económica que para elas supoñía o mantemento dunhas dependencias destas características.

 

A día de hoxe esta solicitude faise realidade coa aprobación do convenio de colaboración entre Concello e Consellería.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados