Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de junio de 2018
O PORRIÑO

O Goberno Local do Porriño inicia as obras de mellora da cuberta do CEIP de Atios

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42631]

 

Coma sinalara a alcaldesa hai uns días, e dacordo co compromiso que adquirirá o pasado día 7 coa Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe de Atios, o Concello do Porriño iniciou xa as obras de mellora do tellado do centro que, subliña Eva García de la Torre, “asume na súa totalidade o Concello, por medio da Concellería de Educación, maila que a competencia de realización das mesmas é da Xunta de Galicia, como establece o regulamento”.


No mesmo centro, e como a alcaldesa asegurara ás Nais e Pais e ao director do CEIP de Atios,  o Goberno local fixo unha avaliación do estado no que se atopan os baños e, tamén, realizará os traballos de substitución dos mesmos.


En total, subliña Eva García de la Torre, o Concello do Porriño investirá máis de 15.000€ nestas obras que, insiste, son competencia da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o mesmo que os danos estruturais nas fachadas que causan filtracións de auga provocando curtocircuítos no sistema eléctrico.


A alcaldesa repite que “o Goberno local fará todo canto sexa preciso para que  as nenas e nenos que estudan nos centros educativos do Porriño acudan a clase coa máxima seguridade e que estuden en colexios en perfectas condicións, algo que, polo que se ve, non preocupa moito á Xunta”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados