Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 26 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta de Galicia apoia o labor dos Scouts de España na presentación da súa memoria de actividades de 2017

Guardar en Mis Noticias.

A organización promove a educación a través do tempo libre no plano social, intelectual e emocional

[Img #42635]

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu hoxe á presentación da memoria de actividades de 2017 da organización Scouts España, celebrada na cidade da Coruña.

 

A organización mundial deste movemento é independente e sen ánimo de lucro e, desde hai máis de 100 anos, os grupos Scouts desenvolven programas educativos, achegándose ás realidades sociais, culturais e económicas da sociedade, adaptándose ás novas situacións.

 

Os Scouts de España fomentan o emprendemento xuvenil a través da posta a disposición dos mozos e mozas de espazos adecuados e favorecendo competencias positivas como a autonomía, o liderado, a creatividade e a capacidade de xestión. Ademais, tamén prestan atención ao voluntariado, xa que son unha parte fundamental da organización.

 

 

 

 

Centra a súa actividade no emprendemento xuvenil, no fomento do voluntariado, na educación en igualdade e no respecto polo medio ambiente

 

 

 

 

A educación en igualdade e o respecto polo medio ambiente son tamén outros dous piares básicos nos valores da organización.

 

A titular do departamento autonómico animou a Scouts España a continuar traballando a través do tempo libre na formación de nenos e nenas no plano social, intelectual e emocional e trasladou a súa felicitación a todos os grupos Scouts pola actividade realizada ao longo do pasado 2017.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados