Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de junio de 2018
MOS

Concello e Comunidade de Montes de Pereiras asinan un documento de cesión de uso para a instalación dun novo espazo de lecer na parroquia

Guardar en Mis Noticias.

Os comuneiros ceden un terreo á administración local mosense, que acometerá un área de esparcemento con elementos de xogo infantís e biosaudables para adultos, que se atopa incluído no Plan Municipal de Parques programado para o presente ano 2018

[Img #42662]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras, Jorge Lorenzo, asinaron onte no Salón de Sesións do Concello perante a Secretaria municipal o documento de formalización de cesión de uso de terreos propiedade da Comunidade de Montes ao Concello de Mos para proceder, a continuación, á instalación dun parque por parte da administración local na devandita parcela.

 

O documento establece a cesión de uso de ben inmoble (terreo). Concretamente trátase da finca denominada “Valiño”, cunha superficie de 2.807 metros cadrados e sobre a que a Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Pereiras adoitou o acordo de cesión ao Concello de Mos en data 31 de maio de 2018.

 

Os espazos cedidos serán destinados a instalación de elementos biosaludables e infantís e outros elementos para favorecer o tempo de lecer dos maiores o dos máis pequenos. O cesionario non poderá ceder a súa vez os espazos cedidos nin destinalos a fins distintos das finalidades municipais descritas. No caso de que polo Concello de Mos se requiran ditos espazos para o establecemento de outras actividades públicas pero de similar natureza, deberá comunicalo ao propietario dos terreos.

 

A cesión do terreo é gratuita. Tanto os terreos cedidos como os elementos instalados polo Concello de Mos non mudarán a súa propiedade, de forma que os primeiros pertencen a CMVMC en todo caso, e os segundos ao Concello. A CMVMC autoriza ao Concello de Mos a realizar todas as obras necesarias para a adaptación aos fines previstos, tanto de ampliación como de modificación. O Concello de Mos queda obligado ao mantemento en perfecto estado de conservación do lugar cedido sendo o responable dos danos e deterioros causados. Asimesmo desenrolará as súas actividades, nos lugares obxecto da cesión, baixo a súa exclusiva responsabilidade, quedando a CMVMC exonerada de calquera responsabilidade ou obriga respecto das mesmas. O Concello de Mos será o obrigado a obtención das autorizacións, permisos e licenzas que resulten necesarias para o desenrolo das suas actividades.

 

Mediante a sinatura deste documento a Comunidade de Montes pon a disposición do Concello de Mos o inmoble cedido dende o momento da formalización da firma.

 

O dereito de cesión de uso pactado será por tempo indefinido  por realizarse a favor dunha administración pública, sempre e cando sexa destinada a instalación de equipamentos públicos, e namentres se manteña o fin para o que se fixo a cesión e o seu carácter municipal.

 

Plan Municipal de Parques

O parque a instalar en Pereiras e para o cal se formalizou este documento de cesión de uso atópase incluído no Plan de Parques que o Concello de Mos está levar a cabo dentro deste ano 2018. Mediante este plan crearanse e mellorarán varias zonas de lecer no municipio. A administración local investirá algo máis de 71.000 euros en diversos espazos das parroquias de Pereiras, Mos, Tameiga e Dornelas.

 

Este Plan Municipal de Parques contempla a instalación de elementos de xogos infantís, elementos biosaludables, tirolina e pista multixogo en varias zonas do Concello de Mos.

 

O Concello de Mos continúa, con esta iniciativa, a desenvolver os programas comprometidos en base a esta que foi no seu día denominada como ‘a lexislatura das persoas’. Neste senso o ‘Mos das persoas’ vólcase en coidar e mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas con plans coma este, orientados a optimizar e ampliar os espazos comúns e áreas de esparcemento.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados