Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de junio de 2018
MOS

Petelos celebra as Festas na Honra á Virxe do Rosario

Guardar en Mis Noticias.

Terán lugar a vindeira fin de semana, dende o venres 29 de xuño ata o sábado 1 de xullo

[Img #42660]A parroquia de Petelos acolle esta fin de semana as Festas na Honra á Virxe do Rosario 2018, que darán comezo este venres 29 de xuño e prolongaranse ata o domingo 1 de xullo.


O venres os actos comezarán cos concertos dos grupos Argonat Band e Patinamá a partir das 23.00 horas. O sábado 30 de xuño, a gran verbena correrá a cargo de Carpe Diem e a Orquestra Trébol.


O domingo pola mañá ás 10.30 horas o Grupo de Gaitas Xógara fará un pasarrúas e, tras a Misa Solemne que se oficiará ás 12.30 horas, acompañará á procesión. Pola tarde a partir das 19.00 horas a animación musical infantil irá da man de Las Pamisuky e pola noite actuarán o Grupo M-3 e a Orquestra Alabama Show.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados