Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 28 de junio de 2018
MOS

O PSOE de Mos critica o desinterese do goberno local cas instalacións públicas

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42664]


Dende a bancada socialista censuran o comportamento do goberno local fronte o mantemento das instalación públicas do Concello de Mos, xa que o pasado luns unha parte do muro do edificio de Protección Civil derrubouse. O muro erguido o carón dun río non tivo as tarefas de mantemento oportunas e co transcurso do tempo e a acción erosiva do río provocaron o seu derrube.

 

"Cunha consecuencia lóxica pola desidia do goberno, o muro e restos de pedras acabaron no río". A portavoz socialista, Patricia Pérez, di  “este non é máis ca outro exemplo do deixamento que mostra este goberno e a súa mala xestión, xa que cunha previsión e mantemento das instalacións este derrubamento non se houbera producido”. Tamén engade “o Partido Popular debería empezar a mostras máis interese nas instalacións das que dispoñemos, que non se deterioren e facer unha boa xestión dos recursos velando pola seu conservación”. 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados