Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de junio de 2018
PROVINCIA

A bandeira arco iris colga xa da balconada frontal do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra

Guardar en Mis Noticias.

O goberno de Carmela Silva súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI e ao recoñecemento dos 40 anos das primeiras celebracións no noso país

[Img #42665]

 

A Deputación de Pontevedra lucirá na súa fachada a bandeira arco iris, ao longo da fin de semana,  para sumarse as celebracións do día do Orgullo 2018 e unirse a celebración internacional en defensa dos dereitos do colectivo LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais). Ademais este 2018  cómprense o corenta aniversario das primeiras manifestacións no país para conmemorar a celebración do día do Orgullo.

 

A presidenta, Carmela Silva, sinalou que “este xoves é o día no que a sociedade se pon de lado das persoas. É certo que cada vez temos unha sociedade máis aberta, máis comprometida e máis igualitaria pero aínda queda moito por avanzar. De feito din os datos que en España e en Galicia é aplastante a maioría dos delitos de odio que  se fan contra as persoas LGTBI e polo tanto hai que seguir demandando, denunciando, reivindicando e poñéndose ao lado da igualdade, da tolerancia, do respecto e da inclusión”.

 

A pesares dos avances ao longo deste corenta anos no noso país a discriminación por motivo de homofobia, bifobia e transfobia, moi lonxe aínda de desaparecer, continúa non só existindo, senón que parece recrudecerse, tal como poñen en relevo o último Informe sobre delitos de odio do Ministerio do Interior e os publicados polos distintos Observatorios contra A homofobia, transfobia e bifobia que traballan en diferentes comunidades autónomas do noso Estado. Por elo dende a Deputación de Pontevedra considerase aínda moi importante recordar nestes días o levantamento fai 49 anos no pub neoiorquino “Stonewall Inn” que deron comezo a unha nova onda de reivindicación de dereitos e liberdades ao redor da sexualidade no mundo enteiro.

 

En breve  tamén cumprense corenta anos no país dende a despenalización da homosexualidade, trece desde a lei 13/2005 que fixo posible o acceso igualitario ao matrimonio, declarada constitucional fai xa seis anos; e once anos pasaron desde a primeira Lei de Identidade de Xénero 3/2007, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas, cuxa actualización e adecuación a novos tempos atópase no Congreso. Pero aínda queda moito camiño na igualdade efectiva, tanto lexislativamente como no día a día, polo que é necesario manter os símbolos que visibilizan a loita nesta defensa dos dereitos do colectivo LGTBI.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados