Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 27 de junio de 2018
PROVINCIA

Camponaraya retira os carteis de “Rías Baixas. Costa da fariña” tras a intervención da Deputación

Guardar en Mis Noticias.

O goberno de Carmela Silva mantivo conversas onte mesmo co alcalde do municipio que coincidiu en que o lema da publicidade da viaxe era inxusto coa provincia de Pontevedra

O goberno de Carmela Silva, tras ter coñecemento do lema “Rías Baixas. Costa da Fariña” empregado polo concello leonés de Camponaraya, na comarca do Bierzo, para a viaxe á provincia de Pontevedra, instou onte pola tarde á retirada da publicidade por tratarse de inxusta e pouco apropiada. Tras conversas mantidas entre o equipo municipal e o provincial, o concello leonés confirmou esta mesma mañá que xa están retirados todos os carteis promocionais co lema “Rías Baixas. Costa da Fariña”.

 

O concello de Camponaraya promoveu unha viaxe para a súa veciñanza á provincia de Pontevedra tal e como organizan todos os anos. No itinerario, que terá lugar a comezos de xullo, está previsto un percorrido por Cambados, Combarro, A Barosa e o Pazo de Rubiáns. Segundo indicaron desde o goberno do municipio do Bierzo a xestión da viaxe corre a cargo dunha empresa que, “desacertadamente”, empregou o lema “Rías Baixas. Costa da Fariña” para a súa promoción. Deste xeito, o goberno do municipio do Bierzo insistiu en reiterar que na súa páxina web anunciaron a viaxe a Galicia e que o lema, escollido por unha empresa, non é axeitado para dar a coñecer esta zona á que acoden desde fai anos.

 

Para a Deputación de Pontevedra este lema era unha publicidade inxusta e inapropiada que, aínda que referíase ao éxito dunha serie televisiva, podía vencellar a marca Rías Baixas, que promove a institución provincial a nivel nacional e internacional, coa tristemente época pasada do narcotráfico na comarca do Salnés.  Deste xeito, a institución provincial amosouse satisfeita polo entendemento co goberno local de Camponaraya, que accedeu á retirada inmediata dos carteis e confirmou, esta mesma mañá, que xa estaban todos eliminados.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados