Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de junio de 2018
PROVINCIA

A Deputacion de Pontevedra á cabeza de todo o estado no pago a proveedores

Guardar en Mis Noticias.

O goberno provincial de Carmela Silva expresou onte a súa satisfacción polos datos. “Estamos a traballar arreo para que as boas prácticas sigan a ser a nosa sinal de identidade”

[Img #42712]

 

A Deputación de Pontevedra que preside Carmela Silva, volveu a liderar o ranking do pago a proveedores no primeiro semestre deste ano 2018 segundo o Informe elaborado pola Federación Nacional de Asociaciones de Traballador@s Autónom@s (ATA).

 

Cun tempo medio de pago de 17 días, a Deputación pontevedresa é a administración provincial de toda España que antes abona as súas facturas, situándose por diante doutros entes locais como as Deputacións da Coruña ou Palencia que, cun periodo de 20 días, se sitúan en segundo lugar, e moi lonxe dos 33 días de tempo de pago da Xunta de Galicia.

 

Tras coñecer o informe de ATA, o goberno provincial de Carmela Silva expresou  a súa satisfacción polos datos. “Estamos a traballar arreo para que as boas prácticas sigan a ser a nosa sinal de identidade”, dixo a Presidenta.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados