Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de junio de 2018
PONTEAREAS

Os veciños de Ribadetea organízanse nunha plataforma, para esixir o saneamento da parroquia

Guardar en Mis Noticias.

Mantiveron a primeira reunión co Alcalde para reclamar unha solución definitiva e global para todos os veciños

[Img #42676]

 

Os veciños de Ribadetea crearon recentemente unha plataforma para reclamar o saneamento de toda a parroquia. Na plataforma veciñal están representados tamén, os colectivos e as asociacións parroquiais como a Asociación de Veciños, a Comunidade de Montes, as dúas traídas de auga e a Asociación de Caza. Este movemento veciñal xurde despois de pasados 9 anos da aprobación polo Pleno da Corporación Municipal, da realización do proxecto de dita obra, sen que ate o de agora se puidera constatar ningún avance.


Ribadetea con 900 habitantes é a maior poboación do Concello de Ponteareas que non conta con rede de saneamento de augas residuais. Dende a plataforma veciñal reclaman a redacción e execución do proxecto da rede de saneamento para toda a parroquia. O seu obxectivo é dar servizo a todos os veciños e poder erradicar a contaminación das augas subterráneas e dos regatos que verten directamente ó río Tea, un espazo de especial protección medioambiental incluído na Rede Natura.


A martes 26 de xuño os representantes da plataforma veciñal, mantiveron unha reunión co alcalde Xosé Represas coa finalidade de comezar a poñer solución a este grave problema. O alcalde concordou coa reclamación dos veciños e comprometeuse á tramitación diante da Xunta de Galicia do proxecto de saneamento de toda a parroquia de Ribadetea. Ademais o alcalde asumiu o compromiso de cofinanciar o 20% do custe total das obras por parte do Concello de Ponteareas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados