Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 3 de julio de 2018
DEPORTES

Campionatos de España Escolar de Ciclismo

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42684]Xa é pública a lista dos mozos e mozas que representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España Escolar de Ciclismo que terán lugar en Baños de Molgas (Ourense) do 6 ao 8 do mes de xullo. O seleccionador galego Guillermo Sande contará cun total de 26 ciclistas, moitos dos cales xa os tivo convocados para un adestramento hai unha seman no escenario da competición, donde tiveron ocasión de facer unha primeira toma de contacto cos circuitos.

 

A expedición quedará concentrada en Baños de Molgas a partir do día 4 co gallo de poder preparar a conciencia as diferentes modalidades que forman a competición e tratar de facer un papel destacado nestes Campionatos.

 

O Campionato de España arrincará o venres 06 de xuño coas contrarreloxos individual e por equipos da categoría cadete tanto masculina como feminina. O sábado 7 terán lugar as probas en liña infantil, e as competicións de xymkana e btt.

 

O domingo será a quenda da proba en liña para a categoría de cadetes. 

 

Toda a información relativa ao Campionato de España Escolar de Ciclismo poderá segurise en redes sociais a través do hashtag #CEECICLISMO18.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados