Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 29 de junio de 2018
Mos

O parque de Torroso celebra o seu primeiro botellón antes de ser inaugurado

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42711]

 

Con restos de lixo, vasos, latas de cervexa e licores de alta gradación así amenceu hoxe o parque  biosaludable de  Torroso tras unha noite de botellón celebrada antes da súa inauguración.

 

[Img #42710]A pesar de que aínda está en obras, e hai evidente risco para as persoas, a entrada á zona de obras atópase totalmente accesible así como parte do perímetro que non se atopa valado no momento da intrusión, algo que sen dúbida facilitou notablemente o acceso a un grupo de mozos que celebrou o "fin de curso" con sonoro un "botellón".

 

O problema da facilidade de acceso as obras xa foi posta en coñecemento da Comunidade de Montes, os veciños amosan a súa preocupación polo feito de que alguén poidera mancarse no recinto. Tamén se amosan moi preocupados porque este parque se convirta nun lugar de reunión elexido por menores e mocidade para celebrar "botellóns".

 

A obra que está a construír a Comunidade de Montes de  Torroso atópase xa moi avanzada e a súa apertura oficial será en breve, na actualidade están a instalarse elementos  biosaludables  subministrados por unha empresa catalá.

 

A senda e o parque  teñen un  orzamento que supera os 255.000 euros que serán abonados íntegramente con  cartos dá  Comunidade e Montes de  Torroso.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados