Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 2 de julio de 2018
Mos

Montes de Torroso constrúe un novo aparcadoiro

Guardar en Mis Noticias.

As obras consiten na construcción de muros e recheo con terra e xabre.

[Img #42720]Durante estes días operarios dunha empresa local acomente obras de recheo e  compactación dunha parcela propiedade da Comunidade de Montes de  Torroso co obxecto de acondicionala para ser utilizada como aparcadoiro de turismos.

 

As parcelas atópanse situada na estrada provincial Mos –  Puxeiros e os traballos consisten na ampliación dun muro de contención de terras xa existente que incrementará a súa capacidade de recheo ademáis de elevar a cota do terreo que orixinalmente contaba cun importante desnivel.

 

Numerosos camións, axudados por maquinaria da mesma empresa encargada do proxecto que constrúe o parque  biosaludable, están a proceder ao recheo,  alisado e  compactación do terreo para crear un aparcadoiro cunha superficie que abarca terreos ubicados en zona forestal e urbana cun total de máis de 3.000 metros cadrados.

 

[Img #42721]

 

O presidente da Comunidade de Montes de  Torroso, Camilo Grandal, supervisa persoalmente os traballos que se atopan a piques de finalizar. Con esta nova obra gáñase as prazas de aparcadoiro perdidas coa construción de dúas pistas polideportivas a carón do novo auditorio de Torroso.

 

[Img #42722]

 

O novo parking xa está "sinalizado" e é utilizado por veciños e visitantes.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados