Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 30 de junio de 2018
PROVINCIA

Radioafeccionados promoverán esta fin de semana a candidatura de cíes a patrimonio da humanidade

Guardar en Mis Noticias.

Un equipo formado por unha ducia de expertos estarán transmitindo por radio entre ata o domingo durante as 24 horas do día e darán a coñecer o mundo da radiotransmisión entre os visitantes que se acheguen ata o faro

Unha ducia de expertos pertencentes á Unión de Radioafeccionados Españois (URE) desenvolverán durante toda a fin de semana varias actividades desde as illas Cíes co fin de promover e difundir a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade ante a Unesco.

 

O equipo, que tomará como base de operacións o faro principal da illa, ten previsto retransmitir as 24 horas do día e contactar desde Cíes con estacións repartidas por todo o mundo. Así mesmo, ofreceranlle a oportunidade de traballar cun pequeno equipo portátil de radio a todos aqueles visitantes que se acheguen ata o faro e teñan interese en coñecer o mundo da radiotransmisión dunha forma didáctica e interactiva.

 

Os promotores da iniciativa forman parte da Estación Especial AN1WHC, a maior asociación de radioafeccionados de España e unha das máis importantes de Europa. As actividades, que están programadas desde hoxe e ata o domingo ás 15.00 horas, centraranse nas comunicacións sociais e na importancia da radio como medio para enviar información a calquera parte do globo.

 

 

 

 

A iniciativa parte da Estación Especial AN1WHC, a maior asociación de radioafeccionados do país e unha das máis importantes de Europa

 

 

 

 

O obxectivo das actividades programadas pola URE en Cíes é contribuír a difundir e dar a coñecer mundialmente a candidatura ante a Unesco do parque nacional. Para iso, o equipo de expertos fará quendas para comunicarse desde o faro e de forma ininterrompida durante toda a fin de semana con estacións de todo o mundo, coa única restrición das condicións meteorolóxicas que se dean cada día e que poderán condicionar a propagación das ondas radiofónicas.

 

Cómpre lembrar que as transmisións efectuadas por radio son totalmente inocuas debido á propia natureza das frecuencias utilizadas non ionizantes e á súa escasa potencia, polo que a presencia do equipo de radioafeccionados na illa non causará ningún tipo de impacto.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados