Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 30 de junio de 2018
MOS

40 rapaces mosenses gozaron das Xornadas Multiaventura 2018

Guardar en Mis Noticias.

Teñen idades de 10 a 17 anos e hoxe recibiron a visita da alcaldesa, Nidia Arévalo, e da concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro

[Img #42734]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, visitaron onte na praia de Patos aos 40 mozos e mozas mosenses que participaron nas “Xornadas Multiaventura 2018”.

 

Estes rapaces, con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos de idade, están distribuídos en dous grupos, un de iniciación formado por 22 integrantes, e outro de perfeccionamento con 18 membros.

 

As “Xornadas Multiaventura” comezaron o pasado luns 25 de xuño e prologáronse durante os días, 26, 27,  e hoxe 29  de xuño, -xornada de clausura- en horario de 09:30 a 14:00 horas. O xoves 28 de xuño as actividades prolongáronse durante toda a xornada e pernoctouse no cámping de praia América.

 

Durante as xornadas impartíronse clases de Surf, Paddle Surf, Surf con Skate, Sendeirismo, preservación do medio marino e Kayak, entre outras iniciativas de animación e deportivas.

 

As “Xornadas Multiaventura” son unha iniciativa municipal de gran éxito, aceptación e acollida entre nenos/as e mozos/as do Concello de Mos. Foi creada no ano 2009 polo goberno local de Nidia Arévalo e dende entón leva casi unha década organizádose ininterrumpidamente cada verán.

 

Sobre este programa as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, declararon hoxe que “trátase dunha iniciativa pioneira que dende o seu nacemento ven promovendo entre a infancia e a mocidade mosenses valores tan importantes como o compañeirismo, a convivencia, os hábitos saudables, a práctica deportiva en equipo...”. Rexedora local e edil de Participación destacaron “o éxito de participación que cada ano acada este programa, polo que lles agradecemos o apoio tanto aos participantes deste ano e ás súas familias, coma aos centos de participantes que levan pasado por esta actividade ao longo dos nove anos que leva en marcha”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados