Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 30 de junio de 2018
TOMIÑO

O grupo de teatro de adultos de Tomiño, estrea a súa primeira obra no Auditorio de Goián

Guardar en Mis Noticias.

A peza “A lenda da cabaleira negra”, para todos os públicos, poderase ver este domingo (1 de xullo) ás oito e media da tarde

[Img #42737]

 

O vindeiro domingo, 1 de xullo, ás 20.30 horas, no Auditorio de Goián, o novo grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro, porá en escena a obra “A lenda da cabaleira negra”. Trátase dunha peza de teatro para todos os públicos e foi creada polos propios alumnos e alumnas, a partir dunha lenda artúrica.


Esta é a primeira montaxe do grupo de persoas adultas, de recente creación, que conta cunha ducia de participantes na actualidade, homes e mulleres. O grupo vén ensaiando, da man da actriz Beatriz González Campo, dende o mes de decembro, todos os martes de 20.00 a 21.30, na Casa da Cultura de Tomiño.


“O obxectivo desta actuación é pasalo ben e poñer sobre as táboas as ferramentas adquiridas, ademais de compartir co público asistente o noso traballo”, explica a profesora.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados