Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 29 de junio de 2018
GALICIA

A madeira está chamada a ser a materia prima do século XXI

Guardar en Mis Noticias.

DESTACOUSE ESTA MAÑÁ NUNHA XORNADA TÉCNICA ORGANIZADA POLA ENTIDADE DE CERTIFICACIÓN FSC ESPAÑA, A CAL TIVO LUGAR NO MARCO DA FEIRA FORESTAL GALIFOREST ABANCA

[Img #42738]

 

A quinta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebra dende hoxe ata o sábado no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), comezou esta mañá o seu programa de conferencias cunha xornada organizada por FSC España, organización non gubernamental sen ánimo de lucro que promove unha xestión dos montes ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable.

 

Co título “Certificación Forestal FSC: dilixencia debida e construción con madeira certificada en Galicia”, este encontro foi inaugurado por Ana Oróns, secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeira de Galicia (Fearmaga), quen destacou que a madeira está chamada a ser a materia prima do século XXI, subliñando que é o gran elemento deste novo ciclo de economía verde. Neste sentido indicou que o sector ten grandes oportunidades pero tamén grandes retos, polo que debe ser capaz de situar  a madeira no lugar que lle corresponde.

 

Así mesmo, Oróns fixo fincapé na importancia da madeira como pilar fundamental para a economía do medio rural, sinalando que son máis de 300 millóns de euros os que as familias galegas acadan anualmente pola venda de madeira, ademais de detallar que máis de 70.00 persoas viven directa ou indirectamente dun sector que xera uns 2.100 millóns de euros. Ademais, quixo lembrar que Fearmaga foi pioneira en certificación forestal con grupos e que se algo caracteriza á primeira transformación en Galicia é o seu compromiso co coidado do monte e o aproveitamento sostible.

 

En canto aos relatorios, Silvia Martínez directora técnica de FSC España, foi a encargada de inicialos, dando a coñecer as novidades FSC en xestión forestal e cadea de custodia, a cal comproba que os produtos de bosques certificados estean identificados e separados doutros non certificados. Durante a súa intervención falou do proxecto Emplea Madera, que se desenvolve en Galicia e Castela A Mancha e ten como obxectivo  poñer en valor a madeira  para o seu uso en edificación e a súa presenza en política de compra pública. No marco deste relatorio tamén participou Marcos Estévez, xestor de proxectos de FSC España, quen, entre outros aspectos, deu a coñecer cifras de certificación forestal no mundo, España e Galicia.

 

Por outra banda, abordouse a dilixencia debida nas mesas do sector da 1ª transformación da madeira, por parte de Carlos González Andrés, xefe de servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais da Consellería do Medio Rural.  A certificación FSC de xestión forestal en grupo foi outro dos temas da xornada, expoñendo o caso da Compañía Galega de Silvicultores (Selga) o seu responsable económico, Daniel Rodríguez.

 

A última das intervencións, que se centrou nun exemplo de fabricación e obras con madeira FSC, levárona a cabo José A. Sanmartín e Leticia Rendo, director técnico e responsable de costes de Carpintería Estelar.

 

Mesa redonda
A xornada finalizou cunha mesa redonda moderada por Ángel González, enxeñeiro de montes de Fearmaga.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados