Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 4 de julio de 2018
VIGO

O veleiro ‘Tenacious’ visita ás Cíes no marco dunha viaxe de formación

Guardar en Mis Noticias.

O barco pertence á Jubilee Sailing Trust, unha entidade británica sen ánimo de lucro que traballa desde hai anos para que persoas con algún tipo de limitación física poidan desfrutar e coñecer desde dentro o mundo da navegación

[Img #42758]

 

Parte da tripulación e da pasaxe do veleiro Tenacious visitaron recentemente o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas no marco dunha viaxe de carácter formativo que están a realizar. O barco é propiedade de Jubilee Sailing Trust, unha entidade británica sen ánimo de lucro que promove a integración de persoas con algún tipo de discapacidade a través da súa aproximación ao mundo da navegación.

 

O Tenacious, un veleiro de tres mástiles e 65 metros de eslora, trátase dun buque inclusivo, é dicir, conta coas instalacións adaptadas necesarias para que tanto tripulación como pasaxe poidan moverse e desenvolverse polo barco sen ningún tipo de problema, ao tempo que teñen a oportunidade de aprender a navegar en alta mar e vivir nun veleiro.

 

 

 

 

O ‘Tenacious’ fondeou onte fronte ao arquipélago mentres parte da pasaxe desembarcou na illa como parte do seu programa formativo

 

 

 

 

Así, o barco está equipado con sinais en linguaxe braille, indicadores tactis para favorecer a orientación entre proa e popa e camiños guiados pola cuberta para persoas con problemas de visión; tamén dispón de escaleiras levadizas, almofadiñas con sistema de vibración en liteiras para alertar a persoas xordas ante unha situación de emerxencia; ou sistemas de seguridade que garanten a estabilidade das cadeiras de rodas incluso en caso de temporal.

 

O Tenacious realizou a súa viaxe inaugural no ano 2000 e ten capacidade para albergar a 40 pasaxeiros e 10 tripulantes. Desde entón, percorre o mundo para transmitir unha mensaxe de igualdade e inclusión das persoas con diversidade funcional a través da paixón pola náutica e o mundo mariño.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados