Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 3 de julio de 2018
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva adxudica axudas a 14 cooperativas agrogandeiras da provincia

Guardar en Mis Noticias.

As achegas, que oscilan entre os 900 e os 32.000 €, están destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos agrícolas e gandeiros

[Img #42792]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación de axudas por valor de 200.000 € a 14 cooperativas agrogandeiras da provincia, que poderán investir en obras, maquinaria agrícola, comercialización valorización, adquisición de fincas, enerxías renovables, uso de novas tecnoloxías ou equipamentos para as cooperativas.

 

As axudas, que oscilan entre os 900 e os 32.000 €, están destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos agrícolas e gandeiros promovendo así a comercialización e valorización dos produtos, a formación técnica para o desenvolvemento das súas actividades, a divulgación e posta en uso das novas tecnoloxías, enerxías renovables e aforro enerxético e os investimentos para mellorar os seus servizos.

 

En concreto, a Cooperativa Viña Moraime de Barro recibirá 975 €, Horsal de Cambados 31.795,31 €, Ullama da Estrada 4.000,38€, a Cooperativa Aprodeza de Lalín 10.993,88 €, Campodeza de Lalín 20.470,95 €, Cobideza de Lalín 21.878,49 €, a Cooperativa Gandeira de Botos de Lalín 9.583,16 €, a Cooperativa Gandeiros Do Deza de Lalín 12.805 €, Valle del Deza de Lalín 7.404,39 €, Xuncoga de Lalín 15.244,33 €, Villa Almirante de Portas 16.986,54 €, Cooperativa del Campo O Rodo de Rodeiro 24.165,46 €, Porta Río Miño do Rosal 21.777,61 € e a Cooperativa Horta de Galicia do Rosal 1.919,50 €.

 

O ano pasado, a institución provincial aprobou axudas por un valor de 150.000 euros para as cooperativas agrogandeiras da provincia.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados