Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 4 de julio de 2018
MOS

'O Son do Pazo' entrega os premios do Concurso de Relatos Curtos

Guardar en Mis Noticias.

40 escolares presentaron os seus traballos na segunda edición do concurso, superando as cifras
de participación de 2017

[Img #42793]

 

A organización do IV Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' entregou os premios do segundo Concurso de Relatos Curtos sobre a música galega, dirixido a rapaces de entre 6 e 12 anos. 40 escolares depositaron os seus escritos nas caixas de correos instaladas nos distintos colexios públicos do concello de Mos, na Biblioteca Municipal e no propio Pazo. A participación foi notablemente superior á rexistrada na primeira edición do concurso, convocado co obxectivo de espertar o interese dos cativos pola cultura e as tradicións de Galicia. A entrega dos agasallos tivo lugar no Pazo de Mos, coincidindo coa celebración do Día do Socio do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos.

 

 

 

 

O xurado encargado de elixir os gañadores estivo conformado por Xaime Estévez, Tamara Costas e Andrés Giráldez

 

 

 

 

O xurado, nesta ocasión, estivo conformado polo profesor e investigador da música galega Xaime Estévez, a compoñente do grupo as Lagharteiras Tamara Costas e o actor e titiriteiro Andrés Giráldez. O primeiro premio, recompensado cun set de xogos para o aire libre, recaeu en Érika Álvarez, polo seu relato “Os musiqueiros e a gaita de ouro”; segunda clasificada foi Shaila Pintos con “O poder de Irisina”, que recibiu un set de xogos tradicionais e o terceiro premio foi para André Vilas por “A dragongaita”, que levou un set de xogos de lóxica. Os xuíces encargados de elixir os gañadores destacaron o gran nivel do conxunto das obras presentadas nesta segunda edición do concurso.

 

O Son do Pazo

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, chega este ano á súa cuarta edición co obxectivo de consolidarse como unha cita ineludible para os amantes da música folk en Galicia. Polo escenario do Festival pasaron, dende o ano 2015, artistas e bandas de primeiro nivel, como Uxía Senlle, Xosé Manuel Budiño, Son de Seu, Treixadura ou Susana Seivane, entre outros moitos. A cuarta edición do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ celebrarase na contorna do Pazo de Mos o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro e a comisión organizadora xa ten practicamente pechada a composición do cartel, no que volverán figurar algúns dos nomes máis destacados da escena folk galega actual.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados