Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 5 de julio de 2018
TUI

O alcalde de Tui reunirase hoxe co delegado do goberno en Galicia

Guardar en Mis Noticias.

Así llo informou aos veciños na reunión quincenal celebrada no Centro Cultural de Guillarei

[Img #42797]

 

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o próximo xoves, 5 de xullo, co delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, para concretar distintas cuestións vinculadas á solicitude de declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil. Así o informou o rexedor tudense aos veciños na reunión que mantivo con eles no Centro Cultural de Guillarei, xunto co xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social, Carmen González, co    obxectivo de dar conta do traballo que está a realizar o Concello e dos asuntos que está a tramitar con outras administración.


Nesta reunión tamén expuxo o acordo tomado no pleno do pasado xoves de habilitar 505 mil euros con cargo ao remanente de tesourería para a catástrofe de Paramos, en concreto para o desamiantado, o proxecto de xestión de residuos e a contratación de persoal para a atención dos afectados. Por outra parte deu conta de que dende o concello estudarán cos técnicos o encaixe xurídico para que as memorias valoradas das vivendas da zona cero sexan asumidas polo propio concello e que as axudas municipais poidan incluír tamén a reparación dos vehículos danados na explosión.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados