Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 7 de julio de 2018
GALICIA

Feijóo afirma que no Xacobeo 2021 "os galegos serán de novo os mellores anfitrións"

Guardar en Mis Noticias.

Salienta que esta rehabilitación forma parte dos traballos tendentes a restaurar a fachada do Obradoiro e a maior parte deste templo

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirma que no Xacobeo 2021 Galicia enteira volverá converterse nun Pórtico da Gloria onde os galegos serán de novo os mellores anfitrións.

 

Esta semana durante a inauguración da restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, onde acompañou a S.M. a Raíña Dona Sofía, Feijóo salientou que esta rehabilitación forma parte dos traballos tendentes a restaurar a fachada do Obradoiro e a maior parte deste templo. E, referiuse tamén á recente presentación do proxecto do Edificio Fontán na Cidade da Cultura que, entre outros servizos, albergará o Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais e un Observatorio Permanente do Camiño de Santiago. Todo isto dentro dos preparativos do Xacobeo 2021.

 

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego aseverou que Galicia é gardiá dunha obra que transcende o tempo e as fronteiras; que desborda humanidade e que foxe do hieratismo da época.

 

“O Mestre Mateo leva á pedra a súa idea da gloria e, de paso, reflicte as formas de pensar e os ideais dos nosos antepasados. Xa naqueles albores da nosa civilización, Galicia tiña capacidade para proxectarse no mundo porque nin o pórtico nin a catedral son concibibles como obras meramente locais. Esa simbiose entre o galego e o universal estivo presente aquí”, abundou.

 

Feijóo asegurou que tanto o pórtico como o conxunto catedralicio son consecuencia dun empeño colectivo. “O destino da obra non é illar, senón abrir; non é rexeitar senón acoller; non é repudiar o estranxeiro que se interna no Camiño, senón integralo na comunidade multinacional dos peregrinos”, dixo.


O responsable do Executivo autonómico concluíu subliñando que non se está ante unha obra de arte, senón ante tres obras de arte: unha é o pórtico en si. A outra, a pericia do equipo interdisciplinar de restauradores que traballaron desde 2009 para ofrecer un traballo que xa é un fito internacional da recuperación artística. “E, en terceiro lugar, unha obra de arte foi, así mesmo, o entendemento entre institucións privadas e públicas”, asegurou, referíndose ao Arcebispado de Compostela, á Fundación Catedral, á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao Instituto de Patrimonio Cultural de España e ao protagonismo xeneroso, entregado e extraordinario da Fundación Barrié.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados