Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de julio de 2018
VIGO

Nace en Vigo un festival de homenaxe as árbores

Guardar en Mis Noticias.

Un festival de música para as árbores terá lugar o sábado 14 de xullo no espazo Ecolectivo en Vigo

Dez meses despois dos incendios que arrasaron gran parte do patrimonio natural da cidade,  dende Ecosonfestival queren "devolverlle ás árbores, á natureza, parte do que ela nos da. A natureza proveeu de recursos ó ser humano dende os seus inicios, entre eles a madeira que permite facer instrumentos musicais. O festival Ecosons, un festival de música para as árbores en formato romaría, quere, de xeito simbólico, pechar o círculo e devolverlle á natureza parte da música que esta permite facer. Mais que iso, EcoSons quere ser un punto de encontro entre a música e a natureza dende diferentes perspectivas e disciplinas. Un espazo para apoiar á concepción, produción e consolidación de proxectos sustentados no respecto e o coidado do natural para todos os públicos".

 

Dentro da programación do festival inclúense catro actuacións musicais e unha sesión de divulgación enfocada á relación música-natureza. Comezarán cunha sesión vermú a cargo do cantor Iván Gulín, quen fará música da distintas terras polas que estivo. Despois do comer, un “café con ondas”, para falar da interacción entre a música e a natureza, tocando temas como as paisaxes sonoras. Pola tarde desfrutarase do artista lalinense Benxamín Otero Otero co seu novo proxecto " Concerto a só", o cal deleitaranos co oboe, guitarra eléctrica e unha caixiña de música; así como das chelistas Jimena Andión García e Laura Juncal Pájaro no dúo A Piacere, interpretando, entre outras, pezas do repertorio pop-rock actual relacionadas coa natureza (como Human Nature de Michael Jackson ou Wellcome to the Jungle de Guns and Roses). Pecha o festival dende a Pontragha as Boubacatro pandereteiras que se converteron nunha referencia na música popular da Galicia, que van deixar con bo sabor de boca ós asistentes e animarán a botar uns bailes.

 

O EcoSons terá lugar no espazo Ecolectivo (Subida ó Monte da Serra, nº 38, Vigo) , un proxecto experimental e multidisciplinar que impulsa experiencias no ámbito ecolóxico, comunitario e cultural co obxectivo de favorecer o crecemento persoal e grupal. Ecolectivo é un referente a nivel de permacultura e traballo colaborativo, un lugar ideal para facer unha homenaxe á natureza.

 

Ecosons é un proxecto autosustentable que defende que os profesionais das Industrias Creativas (músicos, deseñadores, técnicos de son, etc.) perciban unha remuneración económica polo seu traballo. Os tíckets (10€) destinaranse a modo de doazón ó proxecto “a natureza da música”, xestionada pola Fundación Galicia Sustentable (FGS). Os menores de 12 anos entran gratis.

 

Os lugares físicos onde se poden adquirir os tickets son tendas de alimentación ecolóxica en Vigo (Urbanic, Nevera Verde, Árbore Cooperativa de Consumo Responsable, A artesa de Bea e Miso Tienda Sana) e en Nigrán (Horta Fresca e Asante Sana) ou por internet en www.ecosonsfestival.com

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados