Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 4 de julio de 2018
GONDOMAR

A Asociación de Violoncellistas de Galicia organiza o III Curso de Verán en Gondomar

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42831]

 

A Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello foi fundada en 2012 e promove actividades co ánimo de dinamizar a cultura e o coñecemento arredor do violoncello en Galicia. A Asociación ten organizado Xuntanzas, Encontros, concertos, concursos e máis recentemente os seus cursos de Verán Soncello.

 

Nesta ocasión, Soncello está organizando o III Curso de Verán 2018, que ten lugar no Conservatorio Municipal de Música de Gondomar entre o 1 e o 6 de xullo.

 

O III Curso de Verán Soncello consistirá nunha serie de actividades co violoncello como eixo central distribuidas ao longo da semana, como poden ser clases individuais, clases de música de cámara e tamén de orquestra de violoncellos.

 

[Img #42830]O profesorado desta edición inclúe a Carolina Landriscini, Fernando Santiago, Isabel Figueroa e Isabel Font. O profesor convidado nesta ocasión será o afamado violoncellista portugués Paulo Gaio Lima, que impartirá masterclasses os días 4 e 5 de xullo.

 

Ademáis das clases de violoncello, o alumnado poderá participar nos obradoiros de Pilates, e noutras actividades de lecer.

 

O curso iniciouse cun pequeno concerto de benvida a cargo do profesorado do curso no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o pasado domingo 1 de xullo ás 20’30 horas.

 

Outros concertos que terán lugar durante a semana inclúen o concerto de violoncello barroco de Saúl Nogareda e Fernando Santiago o luns 2, e tamén outro concerto o xoves 5, con agrupacións de cámara formadas por alumnos e profesores, ambos os dous na Igrexa de San Bieito ás 21’00 horas do  luns 2 e o xoves 5 respectivamente.

 

O broche final estará a cargo do alumnado do curso e a Orquestra de Violoncellos, formada con todos os participantes das diferentes modalidades de matrícula, no Auditorio Lois Tobío do Conservatorio de Gondomar o venres 6 ás 18’00 horas, momento no que se fará entrega dos diplomas de participación. Todas as actividades son de acceso libre.

 

Na organización do III Curso de Verán participan a Concellería de Cultura de Gondomar, a Concellería de Turismo de Gondomar, o Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, o Hostal Paz e o Hotel Cristaleiro. "

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados